domingo, 24 de octubre de 2010

O RINCÓN DOS FROITOS



Montamos o rincón grazas a vosa colaboración.
Este ano temos cogumelos, cabazas, mazás, noces, figos, castañas, avelás,... como podedes ver cos anos imos mellorando.




MÁIS CELEBRACIÓNS

Zaira tamén cumpriu os 5, tiña tantas ganas de que chegase o día que pasou días anunciándoo. Ela mesma encargouse de repartir o biscoito de chocolate que desapareceu nun intre, as galletas, os zumes e os gusaniños para levar a casa.
Todos quixemos aparecer con ela na foto. Qué ben o pasamos!




martes, 19 de octubre de 2010

A MOCHILA VIAXEIRA

Por tercer ano animámonos a por en marcha A MOCHILA VIAXEIRA.
Segue parecéndonos unha actividade moi interesante para acercar aos nenos e nenas á lectura e ao gusto polos contos, non só de forma individual, senón coa nosa familia. Ë importante que sexa unha actividade compartida cos nosos pais, irmáns, avós,... xa que xa sabedes que os cativos imitan o que fan os maiores, polo tanto o noso gusto polos libros fará que eles tamén sintan este gusto.
Despois no libro da mochila faremos un pequeno traballiño en relación con calquera dos libros ou película: debuxo, collage, plasti pegada, papeliños, pintura de dedo,... e todo o que se vos acurra.
A disfrutala!

lunes, 18 de octubre de 2010

OS FROITOS DO OUTONO


Dende que comenzou o OUTONO estamos a traballar, entre outras cousas, os diferentes froitos típicos desta época do ano.
Esto sírvenos para traballar as cores, as letras e multitude de aspectos.
Grazas a Emilio, o noso profe en prácticas, que nos debuxou na pizarra algúns dos froitos e poidemos ver como se chaman e como se escriben os seus nomes.






E o resultado de todo esto son estos traballos que colgamos no pasillo para decorar o cole e dos que estamos moi orgullosos


domingo, 17 de octubre de 2010