sábado, 28 de mayo de 2011

DON MOUCHO

A semana pasada Don Moucho preguntábanos...

¿Cal é o sabor que non poden percibir os gatos? O SABOR DOCE.





Esa era a resposta. Todos a sabiades, pero no sorteo saíu elexida ISABELLA.


Aquí a vemos co seu premio. NORABOA!!.


Os demáis participantes, como sempre, levaron un pequeno agasallo por participar.




OS NOSOS CONTOS

Gústannos moito os contos, polo que temos despois do recreo a nosa "hora de ler", facemos o préstamo de libros os venres, a mochila viaxeira, decoramos algún conto xa inventado, inventamos algún...
E algunhas veces algún de nós fai o seu propio conto, como é o caso de este que vos imos mostrar.
Un conto sobre unha excursión feita ao Zoo a fin de semana.





lunes, 23 de mayo de 2011

O ZAPATEIRO E OS TRASNOS

Outro ano máis participamos na exposición "Grandes autores do Bouza Brey" organizada pola biblioteca do cole.Entre todos/as escribimos e decoramos o conto "O zapateiro e os trasnos", conto dos irmáns Grimm que coñecemos fai pouco.Todos colaboramos con moito interés polo que quedou precioso e gustou moito aos nenos/as doutros cursos. Esperamos pais e nais que a vós tamén os guste.


domingo, 22 de mayo de 2011

O TEATRO

Pero que ben o fixemos! que ben saíu todo!.
Hoxe, dende aquí, teño que felicitar os meus nenos e nenas, non só porque o fixeron tan ben, senón por todo o que traballaron. Ensaios diarios no cole polos que nunca protestaron e os que imaxino houbo na casa. Foi un gusto que lle botaran tantas gañas e lles fixera tanta ilusión.
Tamén felicitarvos a vós, pais e nais, polo traballo da casa que sei que foi moito, polos disfraces que fixéstedes, por vir a vernos,...
Non se me ocorre mellor forma de acabar esta etapa, tanto para eles, como para min.
Canto vos vou añorar... Pero para non porme máis triste, ímos ver unhas fotos do evento
.


lunes, 16 de mayo de 2011

VALERIA ESTÁ DE CUMPLE


Esta semana celebramos o primeiro cumple do mes de maio, pero non o último...
Foi Valeria a que chegou o venres toda cargada, axudada pola súa irmá, de galletas e zumes.
Encargouse ela mesma de repartir os vasos e as galletas, tanto que case olvida que ela tamén tiña fame e quería probalas.
Esta vez decidimos sentar nas colchonetas a cantarlle o cumple e así saír todos na foto.
Rímonos moito e pasamolo moi ben.





Felicidades, Valeria!

CÁNTOS ROBOTS!!!

Non esperaba esta resposta á proposta de elaborar con distintos materiais, un robot.
Recoñezo que aínda estou sorprendida, gratamente, por todos os robots que viñeron feitos ao cole. E é que prácticamente todos, por non dicir todos, decidístedes poñervos mans á obra.
Ademáis, como vades a poder comprobar, foron do máis orixinal. Tivéstedes ideas boísimas. Así que os nenos/as poideron mostrar os seus robots moi contentos, falar do que utilizaron, onde conseguiron o material, quén os axudou, de quén foron as ideas de poñer esto ou aquelo,...
Grazas, porque así da gusto proporvos cousas.




GÚSTANVOS?

domingo, 1 de mayo de 2011

A GRANXA KIRIKO


A excursión máis esperada durante infantil é a que facemos á Granxa Kiriko, como despedida desta etapa que remata.
Pasamos o día na compaña duns monitores moi simpáticos cos que fixemos moitas actividades divertidas, como facer unha rosquilla, cancións, xogos,... e nos ensinaron moitas cousas, como os animais, a horta o invernadoiro, o bosque,...
O lugar é increible de bonito e fixo un día precioso, polo que poidemos disfrutar moitísimo.
Nestas fotos podedes ver algunhas das cousas que vimos e fixemos, outras xa volas contamos nós.