sábado, 27 de marzo de 2010

EMPEZA A SEMANA SANTA

Felices vacacións de Semana Santa!.
Descansad moito e disfrutade duns días sin cole. Vemonos o día 6 de Abril.
Bicos a
tod@s.


OVOS DE PASCUA

Se vos apetece facer algunha actividade nestes días de vacacións relacionada coa Semana Santa , aquí tedes unha idea estupenda.

Grazas a Amalia que os fixo na casa e os trouxo ó cole a ensinarnos.

Son preciosos. Recordade que tedes que baleiralos facéndolle dous pequenos buratiños, arriba e abaixo e soplar para deixalo ben limpo. E despois a decolarlo como máis vos guste. Amalia utilizou tamén purpurina e lle quedaron de marabilla.

A ver quen se anima!

DON MOUCHO V

Aquí temos á gañadora desta semana!
A pregunta de Don Moucho estaba relacionada cun dos contos que máis nos gustan "A Sereíña". E nos preguntaba : quén o escribiu e onde naceu o escritor.
A resposta era, HANS CHRISTIAN ANDERSEN e naceu en DINAMARCA.

AMALIA foi a elexida e aquí aparece posando xunto a Don Moucho co seu sorriso e o regaliño.
Cando entrei na clase e dixen o seu nome os nen@s puxéronse a aplaudir. Gustame moito a reacción que teñen co concurso, realmente son un encanto.
Felicidades, Amalia!




E para todo o que participou, Don Moucho regalou un marcapáxinas que espero que utilicedes cos vosos contos.

jueves, 25 de marzo de 2010

CHEGOU A PRIMAVERA

O 21 chegou a Primavera, aínda que si miramos hoxe pola ventá non o parece.

miércoles, 24 de marzo de 2010

XORNAIS DO MUNDO

Neste mes celebrase a a semana da prensa polo que no cole montouse unha exposición moi interesante sobre xornais do mundo. E todo grazas o IES Pazo da Mercé (As Neves) . Poidemos ver xornais galegos, de todas partes de España, de Europa, de América, Asia,... Chamounos moito a atención as distintas bandeiras e idiomas.

Así que pensamos centrarnos en España, as distintas comunidades, algunha bandeira, enlazándoo con distintos idiomas de España. Sobre todo para poder situarnos no mapa.

Pero todo esto á volta, así que vinde con moitas ganas.

domingo, 21 de marzo de 2010

DON MOUCHO IV

Esta semana Don Moucho fíxonos as seguintes preguntas e estas son as respostas:
-¿Cómo se chama o planeta no que vivimos? TERRA.
-¿Cal é o planeta máis próximo ao noso? VENUS.
Moitos de vós contestástedes correctamente, pero esta vez o gañador foi YEREMI, da outra clase de 4 anos.
Hai que seguir participando!. E ata o luns.

FELIZ CUMPLE, AMALIA!

O martes tamén se celebrou o cumpreanos de Amalia e sinto non haber estado. É un momento moi emocionante para todos os nen@s e dame pena perdermo.
Ana e Pepa celebrárono e fixeron as fotos, polo que puiden ver a tarta e as rosquillas que fixo Amalia coa axuda da súa familia, algunha quedou no cole así que podo dicir que estaban boísimas.
Polas súas caras queda claro que o pasaron moi ben, como sempre. Que divertidos son os cumples.
Moitas felicidades a Amalia.








CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


Esta semana tivemos a sorte de poder ver na nosa biblioteca un contacontos, especialmente para nós, os nen@s de 3 e 4 anos.

Sinto non dar moitos detalles sobre os contos que tivemos o placer de escoitar, pero é que eu non puiden acudir por razones de saúde.

Os nen@s quedaron moi contentos e quixeron facer uns debuxos para plasmar ó seu modo o que máis lles gustou





domingo, 14 de marzo de 2010

DON MOUCHO III

A pregunta desta semana foi : Cal é a montaña máis alta do mundo?canto mide?onde está?.
A resposta é o EVEREST, que mide 8850m aproximadamente e está no HIMALAYA, no continente asiático, marcando fronteira entre Nepal e China.

Noraboa a todos os que sabiades a resposta.
Aquí temos a un dos dous gañadores desta semana.E foron dous pois o que saíu primeiro foi ALEJANDRO e non veu ao cole polo que decidimos que se sacara outra papeleta, e lle tocou a ANGEL.
E así de contento posou para a foto.





E aínda que a todos nos gusta gañar, alegrámonos moito polos nosos amigos. FELICIDADES!



Esperamos a ALEJANDRO o luns.

E o prometido, aquí Alejandro contento co seu regaliño. Felicidades!



FELIZ CUMPLE, ISABELLA!!!


Non paramos de cumprir anos. E os que quedan aínda!
Esta vez foi Isabella a felicitada. Hai que dicir que tanto ela como a súa nai resultaron ser unhas grandes cociñeiras. Como podedes ver nas fotos trouxo un biscoito de chocolate que estaba boísimo. Que xunto cos zumes fixeron unha merenda estupenda.





Tamén trouxo unhas lambetadas para compartir con nós, que levamos para casa. Dimoslle as grazas como é debido.


Felicidades Isabella!

miércoles, 10 de marzo de 2010

A RÚA


Damos por finalizada a unidade sobre os oficios e xa empezamos a seguinte e última neste trimentre, co título de A RÚA.
Abarcaremos non só as cousas que podemos atopar nunha rúa dun pobo ou dunha cidade, senon tamén os medios de transporte. Iremosvos contando segundo avance o mes.
Para ambientarnos, este video que espero que vos guste tanto como a mín.


">

lunes, 8 de marzo de 2010

DON MOUCHO II

A semana pasada Don Moucho propuxo unha pregunta moi difícil: ¿Cantos idiomas se falan en España?. Quizáis o noso error foi non por a palabra "oficiais", por eso houbo respostas moi diversas.
A resposta era: 4 linguas (Castelán, Galego, Euskera e Catalán). Estas teñen a consideración de linguas oficiais, as demáis a de dialectos (valenciano, aranés, balear, bable ou asturiano).
Esperamos ser máis precisos de agora en adiante.
Grazas por seguir participando.

domingo, 7 de marzo de 2010

NUNCA MÁIS



Esta semana coñecemos unha historia que pasou fai uns anos, antes de que nós naceramos. O Prestige foi un barco que afundiu cerca da nosa costa e que derramou e manchou de combustible o noso mar.
A biblioteca do noso cole fixo un intercambio de libros coa doutro cole, non galego, e "Nunca Máis" foi un dos libros que enviou.
Así é como chegou a nós este libro, que aproveitamos para contar e así coñecer esta historia.
Encantounos e aínda que foi longo, non perdimos o interese ata o final. Froito desta lectura son estos debuxos tan bonitos que fixemos coa intención de encuadernalos para facer un pequeno libro e así non olvidar nunca este acontecemento acontecido en Galicia.

jueves, 4 de marzo de 2010

FELICIDADES A TANIA

Esta semana a comenzamos cun cumpreanos, o de Tania. É que medramos tan rápido...
Así que máis "Cumpleaños felíz" e "Felíz en tu día", porque a ver quen esquece algunha das dúas, imposible. Comimos galletas, felicitamos a Tania e xa estamos ansiosos por que chegue o seguinte. En marzo temos tres e eso non o esquecemos.
Moitas felicidades, Tania!.




/>