lunes, 21 de febrero de 2011

LEONARDO DA VINCI

En Coñecemento do Medio estamos traballando "OS INVENTOS", así que coñecemos a Leonardo Da Vinci, unha persoaxe moi interesante que fixo multitude de cousas.
Para coñecer un poco máis todos os campos do coñecemento que tocou, tivemos na clase un libro precioso que nos prestou a profe Laura. Aquí o tedes para poder miralo de novo.

O ENTROIDO

Xa falta pouco para que chegue o ENTROIDO, e nós estamos ansiosos por disfrutalo.
Este ano o tema do cole é "OS CONTOS", e nós somos uns grandes expertos neste tema.
Os nenos e nenas de 5 anos representamos o conto "Brancaneves e os 7 ananos", por suposto nós somos os ananos, 50, nin máis nin menos.
En nada, teremos na casa a carta coa bolsa para facer coa axudas de vós, os pais e nais. E xa sabedes que todas as vosas ideas serán ben recibidas.
Grazas pola vosa axuda, sen a vosa colaboración sería imposible ter un día tan divertido no cole; ademáis xa sabedes que desexamos que veñades todos a ver o noso desfile.

domingo, 13 de febrero de 2011

AS NOSAS PEGADAS

A celebración da Paz diu pé a moitas mensaxes que cada un de nós pensou. E aínda que na cinta que colgamos na ÁRBORE DA PAZ só podía ir unha mensaxe, non deixamos que o que todos tiñamos que dicir, voara e se esquecese. Así que decidimos plasmalas nas nosas mans e que saibades que todo o pensamos e o fixemos nós. Aqui están algunhas, decorando a nosa porta.






CUMPLE DE MANUEL


Esta semana Manuel celebrou con todos nós o seu aniversario.
Él é o único que esta de cumple no mes de febreiro.

Trouxo ao cole un biscoito feito coa axuda da súa nai que gustou moito, pois levaba anaquiños de chocolate, e eso, dende logo, ten moito éxito entre os larpeiros. E na nosa clase hai moito larpeiro, empezando pola mesma mestra.

Acompañámolo co zume, así que tivemos unha rica merenda, que xunto coas nosas cancións, fixo que o pasaramos xenial.




Felicidades, Manuel!!

miércoles, 2 de febrero de 2011

CELEBRACIÓN DA PAZ


O venres celebramos o DÍA DA PAZ.
Aínda que xa sabemos que a paz ten que celebrarse todos os días, gústanos facerlle un homenaxe para recordar o importante que é.
Os días previos fixemos uns antifaces de pombas que quedaron moi bonitos decorados con algodón. Ese día saímos ao patio con eles postos.
Entre todos os nenos e nenas do colexio decoramos a ÁRBORE DA PAZ cunhas cintas de cores nas que escribimos a nosa mensaxe de paz.
A mensaxe elexida na nosa clase foi a de Valeria, por eso ela saíu a dicila no micro para a que poidesen escoitar todos e todas : "Somos os mellores amigos do mundo".
As cintas foron colgadas da árbore, quedando precioso.
Aínda podedes pasar polo cole e velo.
Tamén cantamos unha canción moi bonita entre todos, foi moi emocionante ver as nosas mans collidas.

CUMPLE DE SARA


Empezamos forte o ano xa co segundo aniversario. Esta vez é Sara a protagonista.
Despois doutra longa conta atrás, chegou o seu gran día. E foi a mesma Sara a que se encargou de facer a lista da compra e de meter todo no carro (contoumo un paxariño). Así que como xa nos coñece ben e sabe o moito que comemos, pasouse un pouco coa comida: gusaniños, galletiñas salgadas, zumes, coca-cola, un biscoito delicioso de chocolate e lacasitos, galletas de choco e todo un despliegue de vasos, pratos e servilletas de cores que nos gustaron un montón.
Imaxinade o ben que o pasamos e o moito que comimos.Así de ben... e despois a celebrar o DÍA DA PAZ.





Moitas felicidades, Sara!!