lunes, 21 de febrero de 2011

O ENTROIDO

Xa falta pouco para que chegue o ENTROIDO, e nós estamos ansiosos por disfrutalo.
Este ano o tema do cole é "OS CONTOS", e nós somos uns grandes expertos neste tema.
Os nenos e nenas de 5 anos representamos o conto "Brancaneves e os 7 ananos", por suposto nós somos os ananos, 50, nin máis nin menos.
En nada, teremos na casa a carta coa bolsa para facer coa axudas de vós, os pais e nais. E xa sabedes que todas as vosas ideas serán ben recibidas.
Grazas pola vosa axuda, sen a vosa colaboración sería imposible ter un día tan divertido no cole; ademáis xa sabedes que desexamos que veñades todos a ver o noso desfile.

1 comentario:

  1. qué casualidade!!! no noso cole tamén escollimos de temática os contos, e os nenos e nenas de infantil tamén imos de Brancaneves e os ananiños!!! (porque á profe leva apetecéndolle desde fai xa anos...jajaj). Xa poñeremos fotos para ensinarvos que guapiños imos...e vós seguro que tamén! un bico de Picarexadas...

    ResponderEliminar