martes, 28 de abril de 2009

VISITA Á BIBLIOTECA

Durante a semana do libro visitamos a biblioteca para ver a exposición de contos feitos polos nenos e nenas do cole, e tamén, como non, o noso. Vimos con moita curiosidade contos con forma de cabaza, de castaña, contos pequenos, grandes, contos con papeis brillantes, contos sobre Perú, Italia, ... E despois contamos o noso conto de Perú aos outros nenos e nenas de 3 anos. Días antes invitámolos e aceptaron encantados. E nos tamén. Pasámolo moi ben.
Aquí tedes algunhas fotos.

miércoles, 22 de abril de 2009

A ESCOLA NOUTROS LUGARES : COLOMBIA

Coa chegada do día do libro e por inicitiva da Biblioteca, confeccionamos un conto sobre a escola noutro país. E que mellor idea que saber como é a escola en Colombia, país do que veu unha compañeira nosa, Isabella. Así que para levar a cabo esta idea contamos coa colaboración da propia Isabella e, como non, da súa nai. Podemos decir que este conto fixémolo grazas a ela.
Aquí mostrámosvos o froito e esperamos que vos guste tanto como a nos.


CONTOS FAVORITOS

Aquí podedes ver máis de cerca os nosos debuxos.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



domingo, 19 de abril de 2009

UN XARDÍN BOTÁNICO

Despois das vacacións poñémonos con moitas ganas cun tema que nos entusiasma: AS PLANTAS e todo o relacionado con elas, os coidados,as características, as flores, os seus beneficios,...
Por iso é interesante ver que é un xardín botánico, acompañado dunha fermosa música que xa coñecemos.

domingo, 5 de abril de 2009

BOAS VACACIÓNS!!

Desexámosvos a todos unhas boas vacacións de Semana Santa e podedes ver os ovos de Pascua que fixemos para levar a casa.

miércoles, 1 de abril de 2009

¡¡¡ SOMOS NOS !!!



De maiores queren ser , princesas ,exploradores , veterinarias , médicos , domadores de leóns , vendedores de xeados , astronautas , conductores de autobús , mestres , bombeiros , pilotos de Fórmula 1 , bailarinas e mil cousas máis , pero de momento son vintecatro pequenos con moitas ganas de aprender , xogar e facer moitos amigos.
Entre estes nenos e nenas tan guapiños está agochado o primeiro estudiante do colexio Bouza Brey que pisará a Lua pero... ¿ cal será ?.
Ainda non o sabemos , pero seguro que será o que mellor debuxe as fichas na clase e o que máis axude ós seus papis e avós na casa.



O MURAL DOS MEDIOS DE TRANSPORTE

Estes somos nos facendo un supermural dos medios de transporte. Como podedes ver traballamos moito, así que, papis e mamis, esperamos que vos guste como quedou.