martes, 21 de diciembre de 2010

MURAL DE NADAL

Aínda que na elaboración do mural participamos todos, só uns poucos saen nas fotos. E que estos días tivemos tanto traballo que non houbo moito tempo para as fotos, así que esperamos que ningún se senta ofendido por non saír aquí. Dende logo o mural quedou moi bonito polo ben que traballamos en equipo e tamén pola supervisión de Emilio.

Aquí podedes ver mellor o resultado.

NORABOA, FAMILIA!

Por tercer ano consecutivo propoñémosvos que traballedes sobre un debuxo de Nadal, que logo utilizamos para decorar o cole. E dende logo teño que felicitarvos pois cada vez logrades sorprendernos máis. Cantas ideas se vos ocorren!!
O profe Emilio que non viu os de outros anos quedou gratamente sorprendido polas vosas ideas, os materiais utilizados e polo ben que o fixéchedes.
Grazas a todos e todas pola vosa participación e polas vosas ganas.






domingo, 19 de diciembre de 2010

OUTRA ÁRBORE MÁIS


A árbore do cole leva colgadas as fotos de todas as clases e os seus alumnos/as.

¿Queredes ver a nosa?


SAÍDA A INDIANA BILL


Como todos os anos, esta saída non pode faltar. Fai tanto frío na rúa que sería difícil facer unha excursión a outro lugar, así que alá ímos para fartarnos a xogar, que ben merecido o temos despois de traballar tanto este trimestre.
Só tedes que mirar as nosas cariñas para ver o ben que o pasamos.




lunes, 13 de diciembre de 2010

A ÁRBORE DOS PROFES

Enseñámosvos esta árbore de nadal porque tamén nós, os nenos e nenas da nosa clase axudamos a pintalo. Gustounos moito ver as caras dos profes coma se fosen as bolas que decoran o abeto.

EXCURSIÓN Á VISTA

Só quedan 3 días para a esperada excursión a Indiana Bill.
Non olvidedes levantarvos con moitas enerxías e vir ao cole con moitas ganas de pasalo ben.
Non fai falta levar merenda nin auga, pero sí unha camiseta de manga curta e uns calcetíns ben gordiños para andar descalzos.
Qué neeeeervos!