viernes, 25 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL

Para por punto e final ao primeiro trimestre do curso e celebrar o Nadal con todos vos, celebrouse no ximnasio o sempre esperado festival de Nadal. Aínda que o sitio é excesivamente pequeno e apenas collemos tod@as, sempre resulta moi especial pois o que facemos sempre é con moita ilusión.
Este ano cambiamos a panxoliña por unha pequena represetación dos meses do ano, que esperamos que vos gustara proporcionalmente ás ganas que lle puxemos nos.

martes, 22 de diciembre de 2009

QUE BONITOS TRABALLOS!

Como xa o ano pasado a experiencia foi tan boa, decidimos repetir este ano. E podo dicir que foi tan boa ou mellor. Estas familias ó igual que os nen@s, como sempre, nos sorprenden con novas e orixinais ideas.
Así que mirade que bonitos traballos atopamonos as profes. Estos só son algúns, pois outros chegaron un pouco máis tarde.


















jueves, 10 de diciembre de 2009

A MOCHILA VIAXEIRA

Como o ano pasado, fai unhas semanas puxemos en marcha o proxecto da mochila viaxeira.
Esperamos a vosa colaboración pois é unha experiencia especialmente gratificante para os nosos pequech@s, tanto por levar uns contos novos para casa como por poder compartir con vós (pais e nais)eses ratiños de lectura compartida.
Non olvidedes que esperamos traballos orixinais e ideas novas. Estou segura de que nos sorprenderedes.
Os traballos feitos ata o momento gústannos un montón, seguide así.
Grazas familias

ACTUACIÓN DO NADAL


Como xa sabedes este nadal imos facer unha pequena representación xunto cos nenos e nenas da outra clase de 4 anos.

Cada un de nós temos un pequeno papel, así que non olvidedes memorizalo e repetilo na casa coa axuda de papi e mami, para que nos salga de marabilla.

Non temos moitos días, así que conto coa colaboración das familias.

Ánimo peques!.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

INDIANA BILL

Despois de tantos días sen contar cousa algunha, voltamos cunha morea de fotos.
Hoxe fixemos a nosa primeira e moi esperada excursión do curso.
Subimos no autobus rumbo á Ramallosa para ir xogar ó Indiana Bill. Un parque de bolas que nos gustou máis co do ano pasado.
Como podedes ver nas fotos estabamos ansiosos por chegar e mergullarnos nun montón de bolas de cores. E como xogamos tanto tiñamos moita fame e sede.
Disfrutade das fotos tanto coma nos.


lunes, 23 de noviembre de 2009

FELIZ ANIVERSARIO, ALEX

Non paramos de celebrar cumpreanos!. Esta semana foi o de Alejandro e tivemos unha rica merenda.
Aparte de galletas, zumes e gusaniños, poidemos degustar un riquísimo biscoito feito por Alejandro e a súa nai que nos encantou, de feito non sobrou nin un anaquiño. Grazas a estas nais que sempre sacan un ratiño de tempo para traernos un postre caseiro.
Nas fotos podedes ver o ben que o pasamos e o moito que comemos.
Bicos a Alex polo seu 4º cumpreanos!















sábado, 14 de noviembre de 2009

FELICIDADES, VERA!

O xoves celebramos o cumple de Vera. Xa levabamos días desexando ter outro cumple (algunha preguntoume fai uns días "profe, cando temos outro cumple?").E que eso de cantar gústanos moito e ,por suposto, o de comer aínda máis.
Así que é o que fixemos despois de que Vera decorase a súa coroa e darlle 4 bicos xigantes.
Moitas apertas a Vera.








viernes, 6 de noviembre de 2009

O CONCURSO DE CABAZAS

Non podemos resistirnos ante cabazas tan bonitas e orixinais. Algunhas son nosas e outras non, aínda así quixemos fotografialas e que as vexades por que merecen a pena. E todo grazas as ideas e traballo dos nen@s e os pais e nais (no caso dos pequen@s especialmente). Estas só son algunhas.






miércoles, 4 de noviembre de 2009

CAIXAS DE CASTAÑA

Mirade que caixiñas máis bonitas fixeron os nen@s de alternativa coa profe Pepa. Gustáronnos moito a tod@s.

domingo, 1 de noviembre de 2009

A FESTA DO MAGOSTO

O magosto é unha das festas que máis nos gustan, así que preparámola con moitas gañas. Fixemos a cestiña para levar as castañas que os pais e nais asásteis para nós na casa e un antiface que levamos ao rematar a mañá.
Estabamos nerviosos e con gañas de sair ao patio a ver as fogatas dos maiores e comer as castañas.





Grazas ao profe Ramón bailamos, saltamos e pasámolo pipa pois puxo unha música que nos encantou. E aquí podedelo ver

O SAMAÍN


Todos os anos dende a biblioteca, chegado o Samaín, organízase un concurso de relatos de medo. Coma nós aínda somos pequenos para esto, colaboramos con esta proposta nova: QUE ME DA MEDO? e as respostas foron moi diversas e graciosas. Aquí as tedes.


miércoles, 28 de octubre de 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de Outubro celébrase o día das bibliotecas. E o equipo de biblioteca propuxo para traballar e dar a coñecer este día e a labor das bibliotecas en xeral, unha actividade que fixemos todos os nenos e nenas do cole: "LER PARA MIN É..." .Así que pensamos e pensamos e esto é o que se nos ocorreu a cada un de nos. Aquí podedes ver os nosos traballos (o ben que escribimos) e como serviron para decorar o cole.













lunes, 19 de octubre de 2009

VIDEO DAS ESTACIÓNS

'>

O CUMPLE DE HUGO

Este mes non paramos de celebrar cumples!.
Esta vez é o de Hugo, que moi contento chegou ó cole cargado de galletas, zumes e gusaniños.
Decorou a súa coroa con moitas gañas e non a quitou en toda a mañá.
Cantámoslle o cumpreanos felíz e o felíz, felíz en tu día. Recibiu 4 bicos e 4 tiróns de orellas.
Moitos máis bicos para Hugo.