domingo, 28 de febrero de 2010

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Nesta unidade traballamos os instrumentos de vento: frauta e trompeta. Pero como todo esto lles gusta tanto, sempre aproveitamos para falar sobre moitos outros, e distinguir así os que son de vento, de corda ou de percusión. Moitos nenos e nenas contan que acuden á escola de música e por eso comparten con nós todo o que saben. Aproveitando o interese polo tema, busquei e atopei un vídeo que espero que vos guste.

sábado, 27 de febrero de 2010

DON MOUCHO

Esta semana empezamos unha actividade nova proposta polo equipo da biblioteca. Don Moucho, que é a mascota da biblioteca, propón unha pregunta a todos os nen@s de infantil, que xunto coas nosas familias resolveremos. Entre os acertantes sortearase un pequeno agasallo. O fin desta actividade é a de aprender cousas novas, ter interese por descubrir, e facelo coa axuda da nosa familia.
Para esta primeira vez Don Moucho preguntounos : ¿Cal é o animal máis rápido do mundo?. Os nen@s mostraron moito interese e moitas ganas de participar, así que direi que a participación foi moi grande.
Despois duns días de espera, soupemos que a resposta correcta é: O FALCÓN PEREGRINO e que a gañadora desta semana é : VERA LORENZO, da nosa clase. Non podiamos empezar mellor!.





O luns teremos pregunta nova, así que a seguir participando!!!

miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

OS OFICIOS

Como estamos traballando este tema, póñovos unha canción. Non ten debuxos, é so para escoitar e facer os xestos. Espero que vos guste.

">

martes, 16 de febrero de 2010

O GRAN DESFILE

E chegou o gran día!
Preparámonos con nervios e impaciencia por sair e que os nosos pais e nais nos viran así de guapos.
Despois do paseillo polo recinto do cole, tocou sentar mirando ao Meco e escoitar aos maiores. Estabamos desexando que chegara o baile e poder levantarnos para movernos ao ritmo da música.
Esperamos que as familias disfrutaran tanto como nós.
Feliz Entroido a todos!.

QUE GRAN MERENDA!!

Co que nos gusta comer a nós, o xoves foi un día guay. Ademáis fixo un día precioso de sol e no patio estábase de maravilla. E despois de probar todos os postres do entroido de todos os nosos compañeiros de infantil, poidemos xogar un bo rato.
Grazas tamén as familias por mandarnos esos postres tan ricos para facer do xoves un día dobremente especial.










A SEMANA DO ENTROIDO II

Tendes que perdonar o retraso, é que estou de mudanza e non teño internet. E esto de baixar ó ciber cóstame un poco. Pero por agora é o que hai.
A semana do Entroido foi longa. Despois de vir con algo na cabeza, o Meco mandounos: algo no pescozo o mércores e un mandil o xoves.
Grazas os pais que colaboraron facendo desta semana unha semana divertida e especial. Pasámolo pipa!
Así de guapos estabamos.











miércoles, 10 de febrero de 2010

A SEMANA DO ENTROIDO I

Estamos vivindo a semana do Entroido e a verdade é que estamos moi emocionados e ansiosos por que chegue o desfile.
Mentres tanto, divertímonos traendo ó cole o que nos manda o Meco.
O martes, algo na cabeza.






E ó tempo estamos facendo entre todos os disfraces, que este ano é de TERRA, polo que estamos moi atarefados.

EL CUMPLE DE MANUEL

Empezamos o ano con forza e xa imos polo terceiro cumpreanos!.
Esta vez foi Manuel o que cumpriu 5 anos.
Todo contento chegou coa súa bolsa chea de galletas e zume para todos. Como podedes ver nas fotos, él encargouse de repartir os vasos e logo, como todos os demáis, a polas galletas!. Non sei que terá este surtido Cuétara que tanto lles gusta.
Cantamos, aplaudimos un montón e pasámolo de maravilla.













Un brindis por Manuel!

sábado, 6 de febrero de 2010

O BONECO DE NEVE


Pois ahí vai máis inverno (para o anónimo farto de tanto inverno), que máis quixeramos nós que que saira o sol dunha vez!. Pero mentras tanto...
A lectura dun conto sobre un boneco de neve inspirou aos nen@s á hora de facer un debuxo, e sairon tan ben que os pegamos polo pasillo para que todos os poidan ver. E claro, tamén queremos que os vexades vos.


miércoles, 3 de febrero de 2010

CANTAS COUSAS!

Así vai quedando o noso rincón do inverno, pero aínda caben moitas cousas máis. Animádevos e traede máis cousas. Faltan puzles, pelis, debuxos para colorear, máis fotos...