domingo, 24 de octubre de 2010

O RINCÓN DOS FROITOS



Montamos o rincón grazas a vosa colaboración.
Este ano temos cogumelos, cabazas, mazás, noces, figos, castañas, avelás,... como podedes ver cos anos imos mellorando.




MÁIS CELEBRACIÓNS

Zaira tamén cumpriu os 5, tiña tantas ganas de que chegase o día que pasou días anunciándoo. Ela mesma encargouse de repartir o biscoito de chocolate que desapareceu nun intre, as galletas, os zumes e os gusaniños para levar a casa.
Todos quixemos aparecer con ela na foto. Qué ben o pasamos!




martes, 19 de octubre de 2010

A MOCHILA VIAXEIRA

Por tercer ano animámonos a por en marcha A MOCHILA VIAXEIRA.
Segue parecéndonos unha actividade moi interesante para acercar aos nenos e nenas á lectura e ao gusto polos contos, non só de forma individual, senón coa nosa familia. Ë importante que sexa unha actividade compartida cos nosos pais, irmáns, avós,... xa que xa sabedes que os cativos imitan o que fan os maiores, polo tanto o noso gusto polos libros fará que eles tamén sintan este gusto.
Despois no libro da mochila faremos un pequeno traballiño en relación con calquera dos libros ou película: debuxo, collage, plasti pegada, papeliños, pintura de dedo,... e todo o que se vos acurra.
A disfrutala!

lunes, 18 de octubre de 2010

OS FROITOS DO OUTONO


Dende que comenzou o OUTONO estamos a traballar, entre outras cousas, os diferentes froitos típicos desta época do ano.
Esto sírvenos para traballar as cores, as letras e multitude de aspectos.
Grazas a Emilio, o noso profe en prácticas, que nos debuxou na pizarra algúns dos froitos e poidemos ver como se chaman e como se escriben os seus nomes.






E o resultado de todo esto son estos traballos que colgamos no pasillo para decorar o cole e dos que estamos moi orgullosos


domingo, 17 de octubre de 2010

CELEBRACIÓNS

No que levamos de curso tamén celebramos un par de cumpleanos, pois aínda quedamos algúns por cumplir os 5 anos.

AYELÉN aínda que non o celebrou con nós, fixémoslle unha coroa, cantámoslle e recibiu un montón de bicos.




AIDA tamén cumpliu os 5 anos e decidiu traer un biscoito riquísimo que fixo coa súa nai, uns zumes e gusaniños para todos. Como levabamos tempo sen celebrar un cumple, tiñamos tantas ganas que devoramos a merenda e cantamos as cancións unha e outra vez.







O OITO E A P MINÚSCULA

Como sabemos que vos gusta saber que é o que traballamos no cole, aquí podedes ver que, a parte da letra p minúscula (que xa a tedes na casa) comenzamos co número 8. Como son un pouco difíciles as súas grafías, esperamos que nos axudedes a practicar un poco na casa.
Moitas grazas, papis.


O MURAL

Como non podía faltar, un gran mural para comenzar o curso. Tiñamos moitas ganas da pintura de dedos e de facer algo tan bonito entre todos. Aquí volo ensinamos o primeiro día, xa empezamos o traballo pero ata que non esté rematado, non o veredes. Esperamos facelo moi ben, colgalo polos pasillos e que os demáis poidan ver o ben que coloreamos.

miércoles, 6 de octubre de 2010

O OUTONO XA CHEGOU!

E como xa rematou o verán e comenzou O OUTONO é momento de cambiar de roupa, abrigarnos máis, comer froitos do outono e sair a disfrutar da paisaxe, das follas polo chan e das moitas cores que nos rodean.

¿QUÉ HAI DE NOVO?

Por fin decidímonos a por en marcha de novo este espazo. Lamentamos o retraso, pero...
Benvidos de novo, esperamos ter un montón de proxectos e ideas novas este ano e ensinárvolas aquí, que vos gusten e compartades con nós a vosa opinión.
Así que a modo de arranque, saludámosvos todos xuntos.



Holaaaaaaa!