domingo, 27 de junio de 2010

DÍA DE FESTA

E remata un curso máis... E para celebralo unha mañá de xogos e merenda.
Ilusión por que comenza a verán e rematan as clases, pero tamén certa tristura pola despedida. Só serán dous meses pero agora parécenos tanto...
Disfrtutade das vacacións, descansade, facede mil cousas divertidas e cargade as pilas para o comenzo do novo curso.
Moitos bicos e felíz verán a todos/as!


MAMÁCABRA


Qué divertido foi ter no cole a MAMÁCABRA, e cantar e movernos con eles ao ritmo da súa música e as súas cancións.
Ademáis fixeron moitas bromas e poidemos rir un montón con eles.
Qué ben o pasamos!







viernes, 18 de junio de 2010

UN DÍA EN SALVATERRA

E para rematar ben o curso, decidimos pasar un día no parque da Canuda en Salvaterra. Un día para non facer nada máis que xogar e pasalo ben cos nosos compañeiros/as. E o certo é que non atopariamos en ningures un parque mellor e máis grande para poder xogar e correr sen problema de espazo.
Botamos de menos a Alejandro que non puido vir, imaxinamos que está maliño, foi unha pena.

lunes, 14 de junio de 2010

MOSTRA DE TEATRO

A semana pasada celebrouse no cole a 5ª MOSTRA DE TEATRO.
É dicir, obras representadas polos alumnos e alumnas dos distintos cursos.
O venres foi o noso turno como espectadores, e poidemos ver as obras :
-"A Çinderela" de 4ºB.
-"Imos de serán" de 3ºC.
Pasámolo moi ben e non perdemos detalle de cada unha delas.
Tamén asistiron os nenos do CRA que viñeron de visita esa mañá.












Os nenos e nenas do CRA.



E aquí tedes algunha foto para que vexades o que poidemos ver. Un pracer...

domingo, 6 de junio de 2010

EXCURSIÓN A VIGO

Esta semana acudimos en autobús a Vigo.
A primeira parada foi no teatro en Caixanova, para ver a obra "Me duele el caparazón". Unha obra divertida e tenra á vez, que nos gustou un montón. Posta en escea por dúas chicas axudadas por títeres feitos con materiais de refugallo.
Unha vez rematada collimos, de novo, o bús para ir a merendar a Castrelos. Íbamos xa con moita fame, así que comimos rapidísimamente e despois, a xogar nos columpios.
Entre a calor e que non paramos, chegamos agotados ao cole. Só tiñamos ganas de botarnos á colchoneta a descansar.
Pasámolo moi ben e portámonos igual de ben. Agora a esperar ata a próxima excursión.

Disfrutade coas fotos.


E este é o enlace para ver algo máis sobre a compañía e a obra que vimos.
http://www.farresbrothers.com/espectacle.php?lang=2&c=2