domingo, 20 de marzo de 2011

A FESTA DE AMALIA


Menuda semana!

Tamén Amalia cumpliu os 6 anos, así que celebramos o seu gran día cun montón de cousas ricas.

Unha tarta de chocolate, a favorita da profe, a de galleta, decorada con lacasitos, un biscoito con forma de coello e unhas galletas caseiras. Excuso dicir que todo estaba boísimo. Felicidades aos cociñeiros: mamá, papá e a propia Amalia.

Tivemos a oportunidade de soplar a vela, aínda que nos costou atopar un chisqueiro.





Felíz cumple, Amalia!!

O CUMPLEANOS DE ISABELLA

Esta vez foi Isabella a protagonista. Pouco a pouco ímos todos chegando aos 6, e este mes temos tres celebracións.
Poidemos disfrutar dunhas bolsiñas de chuches, por suposto no cole só comimos unha cousa, na casa, o resto.
Cantamos, bailamos, berramos e abrazamos moito a Isabella, para que tivese no cole un día moi especial.




Felicidades, Isabella!!

miércoles, 9 de marzo de 2011

O ENTROIDO: VENRES (O DESFILE)

Despois de esperar toda a semana, chegou o gran día!
Chegamos ao cole con moitos nervos, aínda q hasta case as 12 non saiamos ao patio, estabamos eléctricos. Así que a espera fixosenos longa.
Antes merendamos os doces que sobraron do día anterior e que estaban boísimos, tamén xogamos un ratiño.


O pasastedes tan ben coma nós? Esperamos, papis e mamis, que vos gustara o desfile e o guapos que estabamos. Encantounos veros no cole compartindo con nós este día tan especial.

jueves, 3 de marzo de 2011

O ENTROIDO: XOVES

Case a piques de chegar o gran día, o día do desfile, poidemos ir ao cole co noso disfraz favorito e celebrabamos a gran merenda cos postres do entroido que trouxemos da casa.
Foi moi divertido chegar ao cole e ver os disfraces dos demáis e facernos un montón de fotos. A verdade é que iamos todos guapísimos/as. Podedes ver o ben que posamos nas fotos.
Xa máis tarde, saímos a merendar ao parque, xa que facía moi bo día e se estaba de marabilla. Probamos un montón de postres: filloas, orellas, rosquillas, leite fritida, biscoito,... e estaban todos riquísimos.



Foi un día moi especial, aínda que esperamos que sexa mañá o mellor, xa que vós, os nosos pais e nais vindes a vernos desfilar cos nosos disfraces. Ímolo pasar moi ben.
Esperamos que non faltedes!!

O CUMPREANOS DE TANIA


E para completar a semana tamén tivemos outra gran celebración, o cumpreanos de Tania.
Para ela foi dobremente emocionante, pois este ano puido celebrar o seu 6º aniversario durante o Entroido. Así que comimos as galletiñas e as bolsiñas de patacas con "algo na cabeza".
Pasámolo moi ben e as fotos quedaron moi lucidas.




Felicidades, Tania!

O ENTROIDO: MÉRCORES

Para o mércores, o Meco mandóunos traer algo na cabeza.
Pelucas, sombreiros, orellas, antenas,... trouxemos de todo.


Os maiores volveron, facendo moito ruido, para contarnos que para o xoves debíamos traer o noso disfraz favorito.
Gustounos moito esa idea, xa que todos temos algún disfraz que estamos desexando ensinar aos nosos amigos/as.

miércoles, 2 de marzo de 2011

O ENTROIDO: MARTES

E así de guapos é como vimos ao cole o martes, coa cara pintada.





O ENTROIDO: LUNS


O luns, despois do recreo, os nenos/as maiores do cole viñeron polas clases para contarnos a primeira orde do Meco.

Tiñamos que traer algo pintado na cara. Qué divertido!. Xa empezamos a pensar que nos gustaría levar na cara: corazóns, flores, bandeiras, bigotes,... as ideas foron moi variadas.