domingo, 5 de junio de 2011

SAÍDA A VIGO : GUYI-GUYI E CASTRELOS

O venres pasado collimos o bus para ir a Vigo. É a última excursión do curso polo que a disfrutamos especialmente.

No teatro Caixanova vimos unha obra de monicreques preciosa titulada "Guyi-Guyi". Este era un cocodrilo que pensaba que era un parrulo, pois nacera nunha familia de parrulos. Cómo se sentía diferente e como o vían os demáis. Semellante o conto do "Parruliño feo",foi tenro e divertido á vez, cunha moralexa interesante que nos tivo entretidos durante case unha hora.

Alí coincidimos con nenos/as doutro cole de Ponteareas e atopamos a unha ex-compañeira nosa: Iria, así que levámonos unha gran alegría e incluso nos fixemos unha foto con ela, estaba guapísima e moi grande.

O saír do teatro fumos ata Castrelos para merendar e xogar un ratiño nos columpios. E outra vez de volta cara Ponteareas.

Un bo día.





CONVIVENCIA COS NENOS DO C.R.A.

Fai pouco organizamos un día de convivencia cos nenos/as das escolas pequenas que pertencen ao CRA da Picaraña e que van vir para o noso cole o ano que ven.
Así poideron coñecer o noso cole, os distintos espazos e a nós, non resultando tan duro o ano que ven.
Ensinámoslles a biblioteca, as aulas de 1º, algunha de infantil, fixemos xogos para coñecer os nosos nomes, merendamos, xogos tradicionais, xogamos un ratiño no parque e fumos todos ao teatro, onde poidemos ver dúas obras : "Rato busca un obreiro" feita polos pais dos nenos/as da clase de 5 anos-B e "Discovery Brey" da clase de 2ºB.
Foi un día moi divertido e ademáis fixemos moitos amigos.
En setembro volverémonos a atopar.