domingo, 5 de junio de 2011

SAÍDA A VIGO : GUYI-GUYI E CASTRELOS

O venres pasado collimos o bus para ir a Vigo. É a última excursión do curso polo que a disfrutamos especialmente.

No teatro Caixanova vimos unha obra de monicreques preciosa titulada "Guyi-Guyi". Este era un cocodrilo que pensaba que era un parrulo, pois nacera nunha familia de parrulos. Cómo se sentía diferente e como o vían os demáis. Semellante o conto do "Parruliño feo",foi tenro e divertido á vez, cunha moralexa interesante que nos tivo entretidos durante case unha hora.

Alí coincidimos con nenos/as doutro cole de Ponteareas e atopamos a unha ex-compañeira nosa: Iria, así que levámonos unha gran alegría e incluso nos fixemos unha foto con ela, estaba guapísima e moi grande.

O saír do teatro fumos ata Castrelos para merendar e xogar un ratiño nos columpios. E outra vez de volta cara Ponteareas.

Un bo día.





1 comentario:

  1. Cando podías date unha volta polo noso blog que te un premio para ti.
    Moitos bicos e felices vacacións.

    ResponderEliminar