viernes, 21 de enero de 2011

UNHA "TRISTE" DESPEDIDA


A semana pasada foi un pouco triste porque tivemos que despedirnos de alguén moi especial... Emilio tiña que marchar e, dende logo, nós non queriamos que chegara o día.

Para a ocasión, Emilio tiña organizada unha pequena festa-sorpresa e nós unha carta-sorpresa que fixeramos con moita ilusión. Coa nosa carta e os nosos debuxos queriamos que Emilio levase un agarimoso recordo noso, que veña a visitarnos moitas veces e que nos bote moito de menos.

Como xa sabes, pasámolo moi ben contigo, sempre tiñas un sorriso e unha caricia para nós.

A festa estivo moi divertida : comimos moitas lambetadas e unha tarta riquísima feita por él, cantamos, bailamos, tocamos música e xogamos un montón. Por suposto, non faltaron os abrazos, bicos, moitos: te queremos,...




Emilio tamén nos trouxo un regalo: un conto xigante con 12 contos pequenos, cada un deles cun títere dun animal diferente, xa volo ensinaremos.




Este é o regalo que lle fixemos, cunha carta dentro moi especial pensada e escrita por todos nós.

jueves, 20 de enero de 2011

O PRIMEIRO CUMPLE DO 2011


Pero que rápido medramos... xa chegan os 6!!

Carla é a primeira en cumplilos, e claro, ¿non vos parece razón suficiente para estar super-mega-ilusionada? Pois sí, e así de contenta estaba ela e nós por celebralo xuntos, cun montón de patacas, gusaniños, zumes,...






Feliz Cumple, Carla!

domingo, 16 de enero de 2011

ÚLTIMOS CUMPLES DO 2010


Cristian foi o penúltimo en cumplir os 5, pero non por eso con menos ganas.
Todo emocionado chegou ao cole cargado con galletas, patacas e bolsiñas de chuches.
Aínda que é bastante tímido, disfrutouno a tope, podédelo comprobar nas fotos.






A última por cumprir os 5 anos foi Evelyn, así que a súa celebración foi especialmente intensa, pois xuntouse coa celebración do Nadal, a visita de Papá Noel,...
Comimos, cantamos e pasámolo fenomenal.


viernes, 7 de enero de 2011

QUE GRAN MERENDA!!

E para celebrar a chegada das vacacións de Nadal decidimos traer unha merenda especial, que consistira en doces típicos desta época.
Algúns de nós quixemos traer doces e cousas ricas para compartir cos demáis, así todos poidemos probar un montón de cousas.
Aquí tedes as fotos dalgúns postres e os seus donos.
Moitas grazas as familias por ter tan boa idea.

jueves, 6 de enero de 2011

A VISITA DE PAPÁ NOÉL


O último día de clase levamos unha gran sorpresa : veu Papá Noél a visitarnos e traernos uns regaliños!!
Emocionados recibímolo con bastante timidez, pero cun gran sorriso. Acercouse a nós e preguntounos polo noso comportamento, aínda que xa sabía (porque o sabe todo) que todos somos moi bos e que a profe está moi contenta con nós. Así que deixounos uns contos preciosos para todos. Despedímolo con bicos que lle botamos polo aire.

FESTIVAL DE NADAL

Sinto o retraso, pero e que as festas tíñanme moi liada.
Imaxino que tiñades ganas xa de poder ver as fotos do festival e moitas máis que fixemos eses días antes das vacacións. De verdade que o sinto moito.

Así que empezo mostrándovos as do festival coa nosa actuación, aínda que xa sei que a moitos de vós non se vos vía ben no escerario, foi unha pena, pero é que somos tantos... que é difícil.