domingo, 30 de mayo de 2010

UN POUCO DE ARTE

Somos uns verdadeiros artistas, así que si alguén tiña algunha dubida, aquí volo demostramos. ¿Qué vos parecen?.


FELICIDADES, KELY


Como xa vos contamos esta semana a fábrica de coroas apenas descansou, e nós tampouco a comer galletas.
Kely tamén cumpriu os 5 e quixo convidarnos a galletas e zume e compartir, así con nós, un momento tan importante.
Cantamos, comimos e dimos as grazas a Kely. E ela decorou a súa coroa con moito esmero.
Noraboa, Kely!







jueves, 27 de mayo de 2010

FELIZ CUMPLE, PAULA!


Esta semana non damos feito a celebrar cumpleanos.
O primeiro é o de Paula, aínda que o celebrou xa o fin de semana, non quixo deixar de celebralo cos amigos e amigas da clase.
E como sabe moi ben o que lle gusta aos nenos, trouxo galletas e batidos de chocolate para todos.
Cada vez van quedando menos por cumprir os 5 anos. E como dicimos na clase, 5 anos, 5 bicos.
Moitas felicidades, Paula!





sábado, 22 de mayo de 2010

DON MOUCHO IX


Esta semana D.Moucho preguntounos:
-¿Cal é a capital de Galicia? SANTIAGO DE COMPOSTELA.
-¿Qué acontecemento importante ten lugar este ano neste lugar? ANO XACOBEO.
Todos os que participástedes sabiades ben a resposta pero foi a de EVELYN a que sacamos primeio. Ademáis escribiu ela a resposta e eso ten o dobre de mérito.
Felicidades, Evelyn!.
E para todo o que participou, Don Moucho regalou un chupa.


VISITA AOS BOMBEIROS

O venres saímos do cole para coñecer aos bombeiros de Ponteareas e de paso pasar a mañá no Parque das Pombas convivindo con nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos.
Fixo moi bo día, así que poidemos disfrutalo a tope, aínda que facía calor de máis para o noso gusto.
A visita aos bombeiros resultou moi interesante. Ensináronnos todo o material que levan no camión: bomba de auga, mangueiras, serra para cortar pezas dos coches en caso de accidente, lanternas, ... Escoitamos a serea, probamos os cascos, as emisoras,..
E como nos portamos tan ben, regaláronnos un chabeiro co escudo e caramelos.
Gustaríanos para o ano invitalos a eles a vir o cole a que nos fagan unha demostración de todo o que nos contaron.

lunes, 17 de mayo de 2010

17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é o Día Das Letras Galegas, un día importante para nós, os Galegos.
E este ano está adicando a un gran escritor : Uxío Novoneyra.
Na clase celebrámolo o venres, presentando un pouco a este escritor e traballando unha das súas poesías. Os nenos/as disfrutaron cos traballos e aprenderon algo novo sobre a nosa terra.



O RATIÑO PÉREZ

Facémonos maiores, así que xa nos acontecen cousas de maiores.
Os nosos dentes empezan a caer e nace a nosa emoción por que veña o Ratón Pérez a recollelos e deixarnos un premio.
Kely e Manuel xa perderon os seus primeros dentes e eso merece unha foto.
Aquí ensínanvos os seus ocos cun gran sorriso. Noraboa!



FELICIDADES, VALERIA!


Vai pasando o curso e, un por un, imos cumprindo anos.
Esta semana foi Valeria a que estivo de cumpreanos e, por suposto, quixo celebralo con todos nós no cole.
Foi ela a que se encargou de repartir uns batidos de chocolate moi ricos (unha novedade que gustou moito) e unhas galletas con chocolate branco e negro que tiveron moito éxito.
Aínda que lle costou un poco posar para a foto por que é un pouco tímida, estaba moi contenta de que lle cantasemos e lle deramos a grazas por as cousas ricas que trouxo.





sábado, 8 de mayo de 2010

DON MOUCHO VIII

Esta semana Don Moucho fíxonos unha pregunta máis sinxela, aínda que houbo diversidade de respostas.
-¿Cal é o animal que máis horas durme ao día? O KOALA.

E dende aquí vos digo que a nosa clase é das que máis participan no concurso, cunha media de 17 ou 18 nenos/as por semana. Así que este dato alégrame moito, é estupendo que as familias participedes tanto nas actividades do cole, pois trasmitides ese interese aos nenos/as por formar parte de algo, por saber cousas novas, por ter curiosidade,... Grazas.

Esta semana a gañadora foi VALERIA. Noraboa!!




CINE EN GALEGO

Con motivo da SEMANA DO CINE en galego, invitáronnos á biblioteca a unha sesión de cine.Poidemos ver "Asterix O Galo" xunto aos demáis nen@s de 4 anos.
Pasámolo moi ben e disfrutamos dunha actividade diferente.






domingo, 2 de mayo de 2010

DON MOUCHO VII

Esta semana Don Moucho fíxonos unha pregunta bastante difícil:
-¿Cal é o río máis longo de España? O Ebro.
¿Verdade que non o sabiades? A maioría respostou que é o Texo, pero non é así. O Texo é o máis longo da Península Ibérica, é dicir, de España e Portugal, e o Ebro o máis longo de España.Noraboa os acertantes.
Esta semana o gañador foi Gabriel, da clase de 4 anos-B. Felicidades!.

DON MOUCHO VI

Cunha semana de retraso, vemos ao gañador do concurso da semana pasada.
-¿Cal é o animal máis grande do mundo? A BALEA AZUL.
Xa sei que case todos sabiades a resposta, pero o elexido foi CRISTIAN.


Moitas felicidades!

DEBUXOS

Froito do "Apadriñamento Lector" son estes debuxos feitos polos nen@s. Uns quixeron reflexar o conto que lles contaron e outros ese momento vivido co seu padriño/madriña.
Aquí os tedes.