lunes, 23 de noviembre de 2009

FELIZ ANIVERSARIO, ALEX

Non paramos de celebrar cumpreanos!. Esta semana foi o de Alejandro e tivemos unha rica merenda.
Aparte de galletas, zumes e gusaniños, poidemos degustar un riquísimo biscoito feito por Alejandro e a súa nai que nos encantou, de feito non sobrou nin un anaquiño. Grazas a estas nais que sempre sacan un ratiño de tempo para traernos un postre caseiro.
Nas fotos podedes ver o ben que o pasamos e o moito que comemos.
Bicos a Alex polo seu 4º cumpreanos!















sábado, 14 de noviembre de 2009

FELICIDADES, VERA!

O xoves celebramos o cumple de Vera. Xa levabamos días desexando ter outro cumple (algunha preguntoume fai uns días "profe, cando temos outro cumple?").E que eso de cantar gústanos moito e ,por suposto, o de comer aínda máis.
Así que é o que fixemos despois de que Vera decorase a súa coroa e darlle 4 bicos xigantes.
Moitas apertas a Vera.








viernes, 6 de noviembre de 2009

O CONCURSO DE CABAZAS

Non podemos resistirnos ante cabazas tan bonitas e orixinais. Algunhas son nosas e outras non, aínda así quixemos fotografialas e que as vexades por que merecen a pena. E todo grazas as ideas e traballo dos nen@s e os pais e nais (no caso dos pequen@s especialmente). Estas só son algunhas.






miércoles, 4 de noviembre de 2009

CAIXAS DE CASTAÑA

Mirade que caixiñas máis bonitas fixeron os nen@s de alternativa coa profe Pepa. Gustáronnos moito a tod@s.

domingo, 1 de noviembre de 2009

A FESTA DO MAGOSTO

O magosto é unha das festas que máis nos gustan, así que preparámola con moitas gañas. Fixemos a cestiña para levar as castañas que os pais e nais asásteis para nós na casa e un antiface que levamos ao rematar a mañá.
Estabamos nerviosos e con gañas de sair ao patio a ver as fogatas dos maiores e comer as castañas.





Grazas ao profe Ramón bailamos, saltamos e pasámolo pipa pois puxo unha música que nos encantou. E aquí podedelo ver

O SAMAÍN


Todos os anos dende a biblioteca, chegado o Samaín, organízase un concurso de relatos de medo. Coma nós aínda somos pequenos para esto, colaboramos con esta proposta nova: QUE ME DA MEDO? e as respostas foron moi diversas e graciosas. Aquí as tedes.