lunes, 26 de abril de 2010

APADRIÑAMENTO LECTOR

Outra das actividades que fixemos para celebrar o DÍA DO LIBRO foi a do apadriñamento lector. Dende aquí felicito a Bea, a coordinadora de biblioteca, por esta proposta tan interesante y que resultou un éxito.
A actividade consistía en que un nen@ maior fai de padriño/madriña dun nen@ máis pequeno e a súa labor consiste en lerlle un conto preparado previamente na casa.
Uns días antes viñeron pola clase a coñecer os afillados, falar con eles, presentarse, preguntarlles polos seus gustos lectores,...
Tanto uns como os outros tomaron a experiencia con moita ilusión e tiñan moitas ganas de que chegara o día. E é de dicir que foi un éxito. Pasámolo moi ben e esperamos repetir para o ano.


domingo, 25 de abril de 2010

VISITA Á BIBLIOTECA DO COLE

O venres celebramos o DÍA DO LIBRO.
E como non podía ser doutro xeito visitamos a nosa biblioteca e esa exposición tan bonita de todos os contos feitos polos nen@s do cole. Alí esperábamos ver tamén o noso do Parrulo e o de Nunca Máis que fixemos fai un tempo.
Poidemos mirar e refollar con calma calquera conto que se nos antoxara, sempre e cando tiveramos conta de non estropealo. E como somos tan maiores xa, non houbo ningún problema.

miércoles, 21 de abril de 2010

O NOSO PEQUENO LIBRO

Por fin rematamos o noso "libro" sobre O PARRULO.
O luns xa o tiñamos preparado pois esta semana celebramos A SEMANA DO LIBRO, sendo o día principal o venres 23.
Grazas a todas as familias que participástedes buscando información, facendo fotos, debuxos ou incluso pequenos contos. Todo vai incluído no noso traballo e esperamos que vos guste.
As fotos non lle fan xustiza, así que tedes que vir a velo á biblioteca do cole, xunto cos demáis libros feitos polo resto do alumnado, e algunha sorpresa máis, que forman a exposición.




Seguiremos contándovos cousas sobre esta semana tan especial.

jueves, 15 de abril de 2010

OS PARRULOS

Mirade que bonita quedou o nosa porta da clase co cartel que fixemos entre todos.
Porque este é o nome da aula onde estamos hoxe e estaremos para o ano que ven, así que mentras tanto chámannos "Os Parrulos".


CONTACONTOS: O LEÓN LEOCADIO

O mércores tivemos o pracer de escoitar a Iago, un contador de contos que encandilounos coa historia do león Leocadio.
Fíxonos participar tanto no conto que non houbo tempo de distracción nin de aburrimento.
Como é lóxico cando oímos eso de "Colorín colorado..." só berramos : ¡outro, outro!, pero non foi posible, quizáis noutra ocasión.












lunes, 12 de abril de 2010

FELIZ 5º CUMPREANOS, ÓSCAR!

A semana pasada Óscar estivo de cumpreanos, xa cumpriu os cinco.
E como este mes escasean as celebracións, celebrámolo como é debido: con galletas, un biscoito riquísimo e zume. Como é habitual nesta clase, temos outros bos cociñeiros (Óscar e a súa familia) porque o biscoito non foi de volta, desapareceu en seguida. As felicitacións tamén das profes.
Óscar decorou a súa coroa e nós cantámoslle con moitas gañas. Pasámolo moi ben.
Moitas felicidades a Óscar.














domingo, 11 de abril de 2010

XA DE VOLTA!

As vacacións foron curtas, así que xa estamos de volta!.
Algúns quizáis leron o blog e gustoulles a idea de Amalia de facer ovos de Pascua propios. E de verdade que quedaron preciosos e moi creativos. Aquí os tedes.



Ovos-ratos feitos por Sergio.


Ovos decorados por Hugo.