domingo, 31 de mayo de 2009

PINTORES POR UN DÍA

Aquí estamos nós pintando un pedaciño do mural que decora unha parede do cole. Entre todos os alumnos ímos deixar o cole un pouco mais bonito.




A TARTARUGA DE KELY

Esta é a tartaruga de Kely.
A súa nai trouxoa para que pasase a mañá con nos na clase. Kely contounos o que come, os coidados que precisa, onde a teñen na casa e o moito que lle gusta.
Os nenos e nenas estivemos encantados de coñecela.
Grazas a súa familia.


jueves, 28 de mayo de 2009

O COELLIÑO DE PAULA

Esta semana coñecemos o coelliño da familia de Paula que se chama "Gris".
Veu a súa nai a presentárnolo á clase. Contounos moitas cousas que nos interesaban e que lle fomos preguntando, o que come, os seus hábitos de hixiene, onde durme, se lle gusta xogar, se é sinxelo vivir con él na casa,... E deixounolo tocar, é tan suave...
Foi unha experiencia moi divertida e aprendemos un montón de cousas.
Grazas á familia de Paula.







domingo, 24 de mayo de 2009

SABORES

Traballando os 5 sentidos que temos, decidimos experimentar un poquiño co gusto. Así que probamos cousas doces, salgadas, ácidas e amargas. A experiencia foi divertida, e chegamos á conclusión de que as cousas doces son as que máis nos gustan.





MÚSICA CON ANIMAIS

Aínda que xa falta pouco para ir rematando co tema dos animais, gústanos tanto que seguiremos téndoo presente. Aí van unhas cancións divertidas.

">

">

miércoles, 20 de mayo de 2009

COMO MEDRAN!!!

Como podedes ver as nosas sementes medran e medran. Algunha resístese un pouco, pero nós insistimos regándoa e coidándoa con cariño.

O RINCÓN DOS ANIMAIS

Este é o noso RINCÓN DOS ANIMAIS. Aquí xuntamos todas a cousas sobre animais que atopamos: contos, debuxos, puzzles, pelis, bonecos e as nosas mascotas. Unhas cousas son do cole, outras da profe e a maioría nosas. Gracias as nosas familias por permitirnos traelas e, sobre todo, por aportar as fotos das nosas mascotas e vir ó cole a ensinarllas ós demáis.






martes, 19 de mayo de 2009


Pequenos e xigantes invítanvos a que fagades unha visita ao zoo desde a vosa casa, empregando o enlace ZOO DE VIGO. Pasadeo ben.
Para que se nos faga máis curta a espera imos ver que tal lle foi a Caillou na súa visita ao zoo.

jueves, 14 de mayo de 2009

MURAL DA PRIMAVERA

Aínda que parece que non chega a primavera, sí chegou, así que fixemos entre todos/as un mural precioso.

lunes, 11 de mayo de 2009

ALGO SOBRE ANIMAIS

">


">


">

OS ANIMAIS



Empezamos, por fín, un dos temas que máis nos gustan : Os Animais.
Veremos tanto animais salvaxes como domésticos, os seus coidados, as súas características,...
Así que propúsenlles que trouxeran á clase contos ou calquera material sobre os animais que lles guste.

domingo, 10 de mayo de 2009

PLANTANDO SEMENTES


Como xa aprendimos moitas cousas sobre as plantas, decidimos por en práctica os nosos coñecementos metendo en algodón húmido varias sementes: lentellas, garabanzos, fabas negras e brancas,... Agora esperaremos,coidandoas, que xerminen para poder plantalas en terra.




FLORES

Como estamos a piques de rematar o tema das PLANTAS, aquí aparecen algunhas flores que poidemos coñecer nesa unidade. Así non as olvidaredes.


TULIPÁN------ROSA-------MARGARIDA
NARCISO------CLAVEL-----LAVANDA
XAZMÍN-------ORQUÍDEA

SEMANA DO CINE EN GALEGO

Como xa pronto celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,o noso cole organizou a SEMANA DO CINE EN GALEGO coa proxección da película "Pérez, o rato dos teus soños".
Por suposto que a proposta encantóunos, xa que non ímos a miúdo a biblioteca a ver unha peli nunha pantaia tan grande,é coma estar no cine!.
Aquí estamos cos nosos compañeiros/as de 3 anos-B.




SEMANA DAS LETRAS GALEGAS