jueves, 28 de mayo de 2009

O COELLIÑO DE PAULA

Esta semana coñecemos o coelliño da familia de Paula que se chama "Gris".
Veu a súa nai a presentárnolo á clase. Contounos moitas cousas que nos interesaban e que lle fomos preguntando, o que come, os seus hábitos de hixiene, onde durme, se lle gusta xogar, se é sinxelo vivir con él na casa,... E deixounolo tocar, é tan suave...
Foi unha experiencia moi divertida e aprendemos un montón de cousas.
Grazas á familia de Paula.







No hay comentarios:

Publicar un comentario