viernes, 21 de enero de 2011

UNHA "TRISTE" DESPEDIDA


A semana pasada foi un pouco triste porque tivemos que despedirnos de alguén moi especial... Emilio tiña que marchar e, dende logo, nós non queriamos que chegara o día.

Para a ocasión, Emilio tiña organizada unha pequena festa-sorpresa e nós unha carta-sorpresa que fixeramos con moita ilusión. Coa nosa carta e os nosos debuxos queriamos que Emilio levase un agarimoso recordo noso, que veña a visitarnos moitas veces e que nos bote moito de menos.

Como xa sabes, pasámolo moi ben contigo, sempre tiñas un sorriso e unha caricia para nós.

A festa estivo moi divertida : comimos moitas lambetadas e unha tarta riquísima feita por él, cantamos, bailamos, tocamos música e xogamos un montón. Por suposto, non faltaron os abrazos, bicos, moitos: te queremos,...




Emilio tamén nos trouxo un regalo: un conto xigante con 12 contos pequenos, cada un deles cun títere dun animal diferente, xa volo ensinaremos.




Este é o regalo que lle fixemos, cunha carta dentro moi especial pensada e escrita por todos nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario