martes, 19 de octubre de 2010

A MOCHILA VIAXEIRA

Por tercer ano animámonos a por en marcha A MOCHILA VIAXEIRA.
Segue parecéndonos unha actividade moi interesante para acercar aos nenos e nenas á lectura e ao gusto polos contos, non só de forma individual, senón coa nosa familia. Ë importante que sexa unha actividade compartida cos nosos pais, irmáns, avós,... xa que xa sabedes que os cativos imitan o que fan os maiores, polo tanto o noso gusto polos libros fará que eles tamén sintan este gusto.
Despois no libro da mochila faremos un pequeno traballiño en relación con calquera dos libros ou película: debuxo, collage, plasti pegada, papeliños, pintura de dedo,... e todo o que se vos acurra.
A disfrutala!

No hay comentarios:

Publicar un comentario