lunes, 18 de enero de 2010

QUE BO COMEZO!!

E xa de volta das vacacións do Nadal!.
Aínda que se esá moi ben na casa tiñamos gañas de vernos e contarnos todo o acontecido nestes días, que non foi pouco. Moitas emocións e ilusións que queriamos compantir cos amig@s. Así que casi houbo pelexas por falar.
O Papá Noel, os Reis Magos, a familia que veu,...tantas cousas. Polo que decidimos traer ao cole algún xoguete ou cousa máis especial para ensinalo aos demáis.
Aquí tedes a algúns pero haberá máis. Animádevos!





domingo, 3 de enero de 2010

PANXOLIÑA

Feliz Ano Novo!
Como non me olvido dos "meus" nen@s, póñovos un vídeo que penso que os vai gustar.
Os cantaxogos non me gustan moito, pero sei que a vos sí. E esta panxoliña sempre me gustou moito, recórdame a cando era nena.

Bicos a tod@s.


OUTRAS FOTOS

Tantos días de nadal, que fixemos un montón de fotos. E como tedes moito tempo para velas ata que empecemos as clases outra vez, espero que vos gusten.

viernes, 1 de enero de 2010

CANTA COMIDA!!

Como remate final antes das vacacións de Nadal, tivemos unha gran merenda pois coincidiron dous cumpreanos e uns doces de Nadal que nos trouxo Amalia. Así que como quixemos probalo todo, acabamos cos bandullos cheos.
Amalia, como podedes ver na foto, fixo coa axuda dos seus pais, un biscoito con forma de boneco de neve e unhas galletas con anaquiños de chocolate que estaba boísimas.
Grazas, sabedes que os doces nos encantan.





Cristian e Evelyn, os máis novos da clase, estaban de cumpreanos.
Un trouxo patatillas e gusaniños e o outro galletas, así que tivemos un pouco de todo. E para rematar Cristian diu un paquetiño de chuches a cada un, que aínda que polo xeral as chuches non se permiten no cole, fixemos unha excepción porque estabamos de Nadal e tiñamos moito que celebrar.
Cantámoslles ós dous e dimos ración dobre de bicos. Pasámolo fenomenal.
Felicidades ós dous!






VISITA DE PAPÁ NOEL

O último día recibimos a esperada visita de Papá Noel.
Chegou por sorpresa, non o esperabamos e quedamos un pouco abraiados, apenas dixemos nada. Pero a medida que nos facía un pequeno agasaio a cada un de nós, empezamos a contarlle o ben que nos portamos na clase e na casa. A profe só puido confirmar que, polo menos no cole, así é.