Amalia, como podedes ver na foto, fixo coa axuda dos seus pais, un biscoito con forma de boneco de neve e unhas galletas con anaquiños de chocolate que estaba boísimas.
Grazas, sabedes que os doces nos encantan.
Cristian e Evelyn, os máis novos da clase, estaban de cumpreanos.
Un trouxo patatillas e gusaniños e o outro galletas, así que tivemos un pouco de todo. E para rematar Cristian diu un paquetiño de chuches a cada un, que aínda que polo xeral as chuches non se permiten no cole, fixemos unha excepción porque estabamos de Nadal e tiñamos moito que celebrar.
Cantámoslles ós dous e dimos ración dobre de bicos. Pasámolo fenomenal.
Felicidades ós dous!
No hay comentarios:
Publicar un comentario