domingo, 31 de enero de 2010

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o día da Paz, aínda que nós celebrámolo o venres.
Dende o equipo de actividades propuxeron a todo o cole facer xuntos unha actividade que nos gustou moito. Cada clase confeccionou unha caixa coa palabra PAZ nun idioma diferente a nós tocounos o tibetano. ZHIDE é como se dí paz neste idioma "tan raro". Entre todos decoramos a caixa cuns debuxos preciosos que fixemos e que representan, para nós, a paz: todos os
nen@s da man.

E entre todos os nen@s do cole "construímos" a paz.






E o profe Guillerme ensinounos unha canción moi bonita cunha coreografía moi divertida, que todos xuntos cantamos no patio.


Para rematar levamos para casa unha pomba branca coa palabra PAZ, que nos servirá para ter presente que a Paz non debe existir só os 30 de xaneiro, senon todos os días da nosa vida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario