Pero que ben o fixemos! que ben saíu todo!.
Hoxe, dende aquí, teño que felicitar os meus nenos e nenas, non só porque o fixeron tan ben, senón por todo o que traballaron. Ensaios diarios no cole polos que nunca protestaron e os que imaxino houbo na casa. Foi un gusto que lle botaran tantas gañas e lles fixera tanta ilusión.
Tamén felicitarvos a vós, pais e nais, polo traballo da casa que sei que foi moito, polos disfraces que fixéstedes, por vir a vernos,...
Non se me ocorre mellor forma de acabar esta etapa, tanto para eles, como para min.
Canto vos vou añorar... Pero para non porme máis triste, ímos ver unhas fotos do evento.
domingo, 22 de mayo de 2011
lunes, 16 de mayo de 2011
VALERIA ESTÁ DE CUMPLE
Esta semana celebramos o primeiro cumple do mes de maio, pero non o último...
Foi Valeria a que chegou o venres toda cargada, axudada pola súa irmá, de galletas e zumes.
Encargouse ela mesma de repartir os vasos e as galletas, tanto que case olvida que ela tamén tiña fame e quería probalas.
Esta vez decidimos sentar nas colchonetas a cantarlle o cumple e así saír todos na foto.
Rímonos moito e pasamolo moi ben.
Felicidades, Valeria!
CÁNTOS ROBOTS!!!
Non esperaba esta resposta á proposta de elaborar con distintos materiais, un robot.
Recoñezo que aínda estou sorprendida, gratamente, por todos os robots que viñeron feitos ao cole. E é que prácticamente todos, por non dicir todos, decidístedes poñervos mans á obra.
Ademáis, como vades a poder comprobar, foron do máis orixinal. Tivéstedes ideas boísimas. Así que os nenos/as poideron mostrar os seus robots moi contentos, falar do que utilizaron, onde conseguiron o material, quén os axudou, de quén foron as ideas de poñer esto ou aquelo,...
Grazas, porque así da gusto proporvos cousas.
GÚSTANVOS?
Recoñezo que aínda estou sorprendida, gratamente, por todos os robots que viñeron feitos ao cole. E é que prácticamente todos, por non dicir todos, decidístedes poñervos mans á obra.
Ademáis, como vades a poder comprobar, foron do máis orixinal. Tivéstedes ideas boísimas. Así que os nenos/as poideron mostrar os seus robots moi contentos, falar do que utilizaron, onde conseguiron o material, quén os axudou, de quén foron as ideas de poñer esto ou aquelo,...
Grazas, porque así da gusto proporvos cousas.
GÚSTANVOS?
domingo, 1 de mayo de 2011
A GRANXA KIRIKO
A excursión máis esperada durante infantil é a que facemos á Granxa Kiriko, como despedida desta etapa que remata.
Pasamos o día na compaña duns monitores moi simpáticos cos que fixemos moitas actividades divertidas, como facer unha rosquilla, cancións, xogos,... e nos ensinaron moitas cousas, como os animais, a horta o invernadoiro, o bosque,...
O lugar é increible de bonito e fixo un día precioso, polo que poidemos disfrutar moitísimo.
Nestas fotos podedes ver algunhas das cousas que vimos e fixemos, outras xa volas contamos nós.
viernes, 22 de abril de 2011
VISITA Á GRANXA KIRIKO


Xa vos estades preparando? Non olvidedes que o martes, xa ó chegar, saliremos de excursión á Granxa Kiriko.
Non tedes que levar merenda nin nada, máis que roupa cómoda e moitas gañas de pasalo ben. Pasaremos alí o día, regresando sobre as 17:30 aproximadamente.
Esperamos ter un día bonito no que salga o sol e non chova, pero aínda que esto non pase, non hai problema, nós sempre o pasamos ben.
Saúdos a todos e ata dentro duns días.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








