domingo, 3 de abril de 2011

DON MOUCHO


Esta semana Don Moucho fixo a seguinte pregunta:

¿En que ano o home puxo por primeira vez o pé na Lúa?

A resposta era: 1969.


Aínda que fúchedes casi todos os que sabiades a resposta correcta, só foi Valeria a gañadora entre os nenos/as de 5 anos.

Felicidades!!

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Mañá luns este poeta visita o noso cole, e aínda que ven só un ratiño, esperamos ter a oportunidade de coñecelo e saludalo.Esta semana estivemos lendo algunhas das súas poesías que fixo para nenos/as, e eleximos unha delas, a que máis nos gustou, para traballala un pouquiño.

CHEGOU A PRIMAVERA

Por fín chegou! Temos tantas gañas de sol e calor ... Así q decidimos pintar un mural para celebrar a súa chegada.

Quedounos precioso, pero aínda lle queremos por unhas letras.

domingo, 20 de marzo de 2011

A FESTA DE AMALIA


Menuda semana!

Tamén Amalia cumpliu os 6 anos, así que celebramos o seu gran día cun montón de cousas ricas.

Unha tarta de chocolate, a favorita da profe, a de galleta, decorada con lacasitos, un biscoito con forma de coello e unhas galletas caseiras. Excuso dicir que todo estaba boísimo. Felicidades aos cociñeiros: mamá, papá e a propia Amalia.

Tivemos a oportunidade de soplar a vela, aínda que nos costou atopar un chisqueiro.





Felíz cumple, Amalia!!

O CUMPLEANOS DE ISABELLA

Esta vez foi Isabella a protagonista. Pouco a pouco ímos todos chegando aos 6, e este mes temos tres celebracións.
Poidemos disfrutar dunhas bolsiñas de chuches, por suposto no cole só comimos unha cousa, na casa, o resto.
Cantamos, bailamos, berramos e abrazamos moito a Isabella, para que tivese no cole un día moi especial.




Felicidades, Isabella!!