Somos uns verdadeiros artistas, así que si alguén tiña algunha dubida, aquí volo demostramos. ¿Qué vos parecen?.
domingo, 30 de mayo de 2010
FELICIDADES, KELY
Como xa vos contamos esta semana a fábrica de coroas apenas descansou, e nós tampouco a comer galletas.
Kely tamén cumpriu os 5 e quixo convidarnos a galletas e zume e compartir, así con nós, un momento tan importante.
Cantamos, comimos e dimos as grazas a Kely. E ela decorou a súa coroa con moito esmero.
Noraboa, Kely!
jueves, 27 de mayo de 2010
FELIZ CUMPLE, PAULA!
Esta semana non damos feito a celebrar cumpleanos.
O primeiro é o de Paula, aínda que o celebrou xa o fin de semana, non quixo deixar de celebralo cos amigos e amigas da clase.
E como sabe moi ben o que lle gusta aos nenos, trouxo galletas e batidos de chocolate para todos.
Cada vez van quedando menos por cumprir os 5 anos. E como dicimos na clase, 5 anos, 5 bicos.
Moitas felicidades, Paula!
sábado, 22 de mayo de 2010
DON MOUCHO IX
Esta semana D.Moucho preguntounos:
-¿Cal é a capital de Galicia? SANTIAGO DE COMPOSTELA.
-¿Qué acontecemento importante ten lugar este ano neste lugar? ANO XACOBEO.
Todos os que participástedes sabiades ben a resposta pero foi a de EVELYN a que sacamos primeio. Ademáis escribiu ela a resposta e eso ten o dobre de mérito.
Felicidades, Evelyn!.
E para todo o que participou, Don Moucho regalou un chupa.
VISITA AOS BOMBEIROS
O venres saímos do cole para coñecer aos bombeiros de Ponteareas e de paso pasar a mañá no Parque das Pombas convivindo con nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos.
Fixo moi bo día, así que poidemos disfrutalo a tope, aínda que facía calor de máis para o noso gusto.
A visita aos bombeiros resultou moi interesante. Ensináronnos todo o material que levan no camión: bomba de auga, mangueiras, serra para cortar pezas dos coches en caso de accidente, lanternas, ... Escoitamos a serea, probamos os cascos, as emisoras,..
E como nos portamos tan ben, regaláronnos un chabeiro co escudo e caramelos.
Gustaríanos para o ano invitalos a eles a vir o cole a que nos fagan unha demostración de todo o que nos contaron.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)