domingo, 28 de febrero de 2010

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Nesta unidade traballamos os instrumentos de vento: frauta e trompeta. Pero como todo esto lles gusta tanto, sempre aproveitamos para falar sobre moitos outros, e distinguir así os que son de vento, de corda ou de percusión. Moitos nenos e nenas contan que acuden á escola de música e por eso comparten con nós todo o que saben. Aproveitando o interese polo tema, busquei e atopei un vídeo que espero que vos guste.

sábado, 27 de febrero de 2010

DON MOUCHO

Esta semana empezamos unha actividade nova proposta polo equipo da biblioteca. Don Moucho, que é a mascota da biblioteca, propón unha pregunta a todos os nen@s de infantil, que xunto coas nosas familias resolveremos. Entre os acertantes sortearase un pequeno agasallo. O fin desta actividade é a de aprender cousas novas, ter interese por descubrir, e facelo coa axuda da nosa familia.
Para esta primeira vez Don Moucho preguntounos : ¿Cal é o animal máis rápido do mundo?. Os nen@s mostraron moito interese e moitas ganas de participar, así que direi que a participación foi moi grande.
Despois duns días de espera, soupemos que a resposta correcta é: O FALCÓN PEREGRINO e que a gañadora desta semana é : VERA LORENZO, da nosa clase. Non podiamos empezar mellor!.





O luns teremos pregunta nova, así que a seguir participando!!!

miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

OS OFICIOS

Como estamos traballando este tema, póñovos unha canción. Non ten debuxos, é so para escoitar e facer os xestos. Espero que vos guste.

">

martes, 16 de febrero de 2010

O GRAN DESFILE

E chegou o gran día!
Preparámonos con nervios e impaciencia por sair e que os nosos pais e nais nos viran así de guapos.
Despois do paseillo polo recinto do cole, tocou sentar mirando ao Meco e escoitar aos maiores. Estabamos desexando que chegara o baile e poder levantarnos para movernos ao ritmo da música.
Esperamos que as familias disfrutaran tanto como nós.
Feliz Entroido a todos!.