skip to main |
skip to sidebar
E para celebrar a chegada das vacacións de Nadal decidimos traer unha merenda especial, que consistira en doces típicos desta época.
Algúns de nós quixemos traer doces e cousas ricas para compartir cos demáis, así todos poidemos probar un montón de cousas.
Aquí tedes as fotos dalgúns postres e os seus donos.
Moitas grazas as familias por ter tan boa idea.
Sinto o retraso, pero e que as festas tíñanme moi liada.
Imaxino que tiñades ganas xa de poder ver as fotos do festival e moitas máis que fixemos eses días antes das vacacións. De verdade que o sinto moito.
Así que empezo mostrándovos as do festival coa nosa actuación, aínda que xa sei que a moitos de vós non se vos vía ben no escerario, foi unha pena, pero é que somos tantos... que é difícil.