skip to main |
skip to sidebar
Como sabemos que vos gusta saber que é o que traballamos no cole, aquí podedes ver que, a parte da letra p minúscula (que xa a tedes na casa) comenzamos co número 8. Como son un pouco difíciles as súas grafías, esperamos que nos axudedes a practicar un poco na casa.
Moitas grazas, papis.
Como non podía faltar, un gran mural para comenzar o curso. Tiñamos moitas ganas da pintura de dedos e de facer algo tan bonito entre todos. Aquí volo ensinamos o primeiro día, xa empezamos o traballo pero ata que non esté rematado, non o veredes. Esperamos facelo moi ben, colgalo polos pasillos e que os demáis poidan ver o ben que coloreamos.
E como xa rematou o verán e comenzou O OUTONO é momento de cambiar de roupa, abrigarnos máis, comer froitos do outono e sair a disfrutar da paisaxe, das follas polo chan e das moitas cores que nos rodean.
Por fin decidímonos a por en marcha de novo este espazo. Lamentamos o retraso, pero...
Benvidos de novo, esperamos ter un montón de proxectos e ideas novas este ano e ensinárvolas aquí, que vos gusten e compartades con nós a vosa opinión.
Así que a modo de arranque, saludámosvos todos xuntos.

Holaaaaaaa!