sábado, 8 de mayo de 2010

DON MOUCHO VIII

Esta semana Don Moucho fíxonos unha pregunta máis sinxela, aínda que houbo diversidade de respostas.
-¿Cal é o animal que máis horas durme ao día? O KOALA.

E dende aquí vos digo que a nosa clase é das que máis participan no concurso, cunha media de 17 ou 18 nenos/as por semana. Así que este dato alégrame moito, é estupendo que as familias participedes tanto nas actividades do cole, pois trasmitides ese interese aos nenos/as por formar parte de algo, por saber cousas novas, por ter curiosidade,... Grazas.

Esta semana a gañadora foi VALERIA. Noraboa!!




CINE EN GALEGO

Con motivo da SEMANA DO CINE en galego, invitáronnos á biblioteca a unha sesión de cine.Poidemos ver "Asterix O Galo" xunto aos demáis nen@s de 4 anos.
Pasámolo moi ben e disfrutamos dunha actividade diferente.






domingo, 2 de mayo de 2010

DON MOUCHO VII

Esta semana Don Moucho fíxonos unha pregunta bastante difícil:
-¿Cal é o río máis longo de España? O Ebro.
¿Verdade que non o sabiades? A maioría respostou que é o Texo, pero non é así. O Texo é o máis longo da Península Ibérica, é dicir, de España e Portugal, e o Ebro o máis longo de España.Noraboa os acertantes.
Esta semana o gañador foi Gabriel, da clase de 4 anos-B. Felicidades!.

DON MOUCHO VI

Cunha semana de retraso, vemos ao gañador do concurso da semana pasada.
-¿Cal é o animal máis grande do mundo? A BALEA AZUL.
Xa sei que case todos sabiades a resposta, pero o elexido foi CRISTIAN.


Moitas felicidades!

DEBUXOS

Froito do "Apadriñamento Lector" son estes debuxos feitos polos nen@s. Uns quixeron reflexar o conto que lles contaron e outros ese momento vivido co seu padriño/madriña.
Aquí os tedes.