domingo, 14 de marzo de 2010

FELIZ CUMPLE, ISABELLA!!!


Non paramos de cumprir anos. E os que quedan aínda!
Esta vez foi Isabella a felicitada. Hai que dicir que tanto ela como a súa nai resultaron ser unhas grandes cociñeiras. Como podedes ver nas fotos trouxo un biscoito de chocolate que estaba boísimo. Que xunto cos zumes fixeron unha merenda estupenda.





Tamén trouxo unhas lambetadas para compartir con nós, que levamos para casa. Dimoslle as grazas como é debido.


Felicidades Isabella!

miércoles, 10 de marzo de 2010

A RÚA


Damos por finalizada a unidade sobre os oficios e xa empezamos a seguinte e última neste trimentre, co título de A RÚA.
Abarcaremos non só as cousas que podemos atopar nunha rúa dun pobo ou dunha cidade, senon tamén os medios de transporte. Iremosvos contando segundo avance o mes.
Para ambientarnos, este video que espero que vos guste tanto como a mín.


">

lunes, 8 de marzo de 2010

DON MOUCHO II

A semana pasada Don Moucho propuxo unha pregunta moi difícil: ¿Cantos idiomas se falan en España?. Quizáis o noso error foi non por a palabra "oficiais", por eso houbo respostas moi diversas.
A resposta era: 4 linguas (Castelán, Galego, Euskera e Catalán). Estas teñen a consideración de linguas oficiais, as demáis a de dialectos (valenciano, aranés, balear, bable ou asturiano).
Esperamos ser máis precisos de agora en adiante.
Grazas por seguir participando.

domingo, 7 de marzo de 2010

NUNCA MÁIS



Esta semana coñecemos unha historia que pasou fai uns anos, antes de que nós naceramos. O Prestige foi un barco que afundiu cerca da nosa costa e que derramou e manchou de combustible o noso mar.
A biblioteca do noso cole fixo un intercambio de libros coa doutro cole, non galego, e "Nunca Máis" foi un dos libros que enviou.
Así é como chegou a nós este libro, que aproveitamos para contar e así coñecer esta historia.
Encantounos e aínda que foi longo, non perdimos o interese ata o final. Froito desta lectura son estos debuxos tan bonitos que fixemos coa intención de encuadernalos para facer un pequeno libro e así non olvidar nunca este acontecemento acontecido en Galicia.

jueves, 4 de marzo de 2010

FELICIDADES A TANIA

Esta semana a comenzamos cun cumpreanos, o de Tania. É que medramos tan rápido...
Así que máis "Cumpleaños felíz" e "Felíz en tu día", porque a ver quen esquece algunha das dúas, imposible. Comimos galletas, felicitamos a Tania e xa estamos ansiosos por que chegue o seguinte. En marzo temos tres e eso non o esquecemos.
Moitas felicidades, Tania!.




/>