lunes, 11 de mayo de 2009

OS ANIMAIS



Empezamos, por fín, un dos temas que máis nos gustan : Os Animais.
Veremos tanto animais salvaxes como domésticos, os seus coidados, as súas características,...
Así que propúsenlles que trouxeran á clase contos ou calquera material sobre os animais que lles guste.

domingo, 10 de mayo de 2009

PLANTANDO SEMENTES


Como xa aprendimos moitas cousas sobre as plantas, decidimos por en práctica os nosos coñecementos metendo en algodón húmido varias sementes: lentellas, garabanzos, fabas negras e brancas,... Agora esperaremos,coidandoas, que xerminen para poder plantalas en terra.




FLORES

Como estamos a piques de rematar o tema das PLANTAS, aquí aparecen algunhas flores que poidemos coñecer nesa unidade. Así non as olvidaredes.


TULIPÁN------ROSA-------MARGARIDA
NARCISO------CLAVEL-----LAVANDA
XAZMÍN-------ORQUÍDEA

SEMANA DO CINE EN GALEGO

Como xa pronto celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,o noso cole organizou a SEMANA DO CINE EN GALEGO coa proxección da película "Pérez, o rato dos teus soños".
Por suposto que a proposta encantóunos, xa que non ímos a miúdo a biblioteca a ver unha peli nunha pantaia tan grande,é coma estar no cine!.
Aquí estamos cos nosos compañeiros/as de 3 anos-B.




SEMANA DAS LETRAS GALEGAS