domingo, 22 de mayo de 2011

O TEATRO

Pero que ben o fixemos! que ben saíu todo!.
Hoxe, dende aquí, teño que felicitar os meus nenos e nenas, non só porque o fixeron tan ben, senón por todo o que traballaron. Ensaios diarios no cole polos que nunca protestaron e os que imaxino houbo na casa. Foi un gusto que lle botaran tantas gañas e lles fixera tanta ilusión.
Tamén felicitarvos a vós, pais e nais, polo traballo da casa que sei que foi moito, polos disfraces que fixéstedes, por vir a vernos,...
Non se me ocorre mellor forma de acabar esta etapa, tanto para eles, como para min.
Canto vos vou añorar... Pero para non porme máis triste, ímos ver unhas fotos do evento
.


2 comentarios:

  1. Ten moi boa pinta! noraboa! nós tamén tivemos fai pouco o noso festival e estamos moi contentos. bicos desde picarexadas!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Tania! Todo saíu de marabilla, mellor do esperado, así que direi que foi una experiencia moi positiva. Noraboa a vós tamén

    ResponderEliminar