domingo, 10 de abril de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS

Esta semana fixemos unha salida á Biblioteca Municipal de Ponteareas. O que imaxinamos unha visita entretida pero quizáis pouco emocionante para nós, os nenos/as de 5 anos, resultou do máis divertido e encantounos todas as cousas que poidemos ver alí. O mellor, por suposto, a sala de lectura infantil. Moi ben ambientada, acolledora e cun montón de libros bonitos. Puri, a nosa guía, explicounos como estaban colocados os libros, por cores e estanterías, segundo a nosa idade. Deixounos un tempo para mirar todos os que quixemos e sentarnos en cada un dos rincóns da sala. Tamén poidemos visitar a sala de ordenadores e a sala de estudio, onde entramos supercaladiños pois había chicos e chicas estudiando e non queriamos molestar. Por último, o museo, onde poidemos ver un montón de cousas interesantes: pedras antiguas, moedas, coitelos, algún busto, un traxe dun ministro, un "camión" de bombeiros do máis curioso,... Antes de irnos, Puri, fíxonos a todos un pequeno regalo, e así recordarnos que á biblioteca non só se pode ir co cole, senón que tamén podemos acudir coas nosas familias sempre que queiramos e así poder ver un montón de contos e libros bonitos e relacionarnos con outros nenos/as os que tamén lles encantan os libros. O balance que fixemos da visita foi moi positivo. Agora, papis e mamis, a levarnos alí de cando en vez!

No hay comentarios:

Publicar un comentario