domingo, 7 de noviembre de 2010

POR FIN, O MAGOSTO

O xoves foi a gran día. Despois de esperar casi unha semana, estabamos máis que preparados.
Para a ocasión preparamos uns vasiños para poder levar ao patio as nosas castañas, aínda que menos da metade non as trouxeron ese día, quizáis porque xa era a segunda vez que se pedían. Aínda así, os que as trouxeron repartiron cos demáis e así poder dar uso os nosos vasiños que con tanta dedicación preparamos.


Primeiro os pintamos, cada un elexiu a cor do outono que máis lle gustaba.


Segundo, pegamos con cola as castañas que previamente coloreamos e recortamos.


Terceiro, puxemoslle unha la para colgalo do pescozo. E este foi o resultado, bonitos,verdade?

Despois ao patio a comer as castañas e a xogar. Aínda que non tiñamos fogueira, pasámolo moi ben e pintamos a cara. Foi un día agotador pero moi divertido. Agora a celebralo tamén na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario