domingo, 6 de junio de 2010

EXCURSIÓN A VIGO

Esta semana acudimos en autobús a Vigo.
A primeira parada foi no teatro en Caixanova, para ver a obra "Me duele el caparazón". Unha obra divertida e tenra á vez, que nos gustou un montón. Posta en escea por dúas chicas axudadas por títeres feitos con materiais de refugallo.
Unha vez rematada collimos, de novo, o bús para ir a merendar a Castrelos. Íbamos xa con moita fame, así que comimos rapidísimamente e despois, a xogar nos columpios.
Entre a calor e que non paramos, chegamos agotados ao cole. Só tiñamos ganas de botarnos á colchoneta a descansar.
Pasámolo moi ben e portámonos igual de ben. Agora a esperar ata a próxima excursión.

Disfrutade coas fotos.


E este é o enlace para ver algo máis sobre a compañía e a obra que vimos.
http://www.farresbrothers.com/espectacle.php?lang=2&c=2

2 comentarios:

  1. Polo que se ve foi un día fantástico; a obra
    de teatro todo un éxito, a merenda riquísima e
    os columpios moi divertidos. Quen puidese ser
    neno!

    ResponderEliminar
  2. O certo é que aínda que non fora un gran plan (que non foi o caso) eles o disfrutan a tope, e eso si que é para dar envexa.
    A obra realmente boa. Saludos

    ResponderEliminar