sábado, 22 de mayo de 2010

VISITA AOS BOMBEIROS

O venres saímos do cole para coñecer aos bombeiros de Ponteareas e de paso pasar a mañá no Parque das Pombas convivindo con nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos.
Fixo moi bo día, así que poidemos disfrutalo a tope, aínda que facía calor de máis para o noso gusto.
A visita aos bombeiros resultou moi interesante. Ensináronnos todo o material que levan no camión: bomba de auga, mangueiras, serra para cortar pezas dos coches en caso de accidente, lanternas, ... Escoitamos a serea, probamos os cascos, as emisoras,..
E como nos portamos tan ben, regaláronnos un chabeiro co escudo e caramelos.
Gustaríanos para o ano invitalos a eles a vir o cole a que nos fagan unha demostración de todo o que nos contaron.

2 comentarios:

  1. MmMmmmm bombeirosssss, e tiñan tableta de chocolate? jajaja
    Bicosssssssss

    ResponderEliminar
  2. Porqué todo el mundo me ha preguntado sobre lo mismo?je. Pues no lo sé, pero eran muy majos y los ninos/as quedaron encantados. Te vale?je je.

    ResponderEliminar