lunes, 26 de abril de 2010

APADRIÑAMENTO LECTOR

Outra das actividades que fixemos para celebrar o DÍA DO LIBRO foi a do apadriñamento lector. Dende aquí felicito a Bea, a coordinadora de biblioteca, por esta proposta tan interesante y que resultou un éxito.
A actividade consistía en que un nen@ maior fai de padriño/madriña dun nen@ máis pequeno e a súa labor consiste en lerlle un conto preparado previamente na casa.
Uns días antes viñeron pola clase a coñecer os afillados, falar con eles, presentarse, preguntarlles polos seus gustos lectores,...
Tanto uns como os outros tomaron a experiencia con moita ilusión e tiñan moitas ganas de que chegara o día. E é de dicir que foi un éxito. Pasámolo moi ben e esperamos repetir para o ano.


1 comentario:

  1. Parécenos moi boa idea. Para que o día de
    mañán, os nosos fillos sexan uns grans lecto-
    res, é necesario e imprescindible o fomento da
    lectura.

    ResponderEliminar