domingo, 7 de marzo de 2010

NUNCA MÁIS



Esta semana coñecemos unha historia que pasou fai uns anos, antes de que nós naceramos. O Prestige foi un barco que afundiu cerca da nosa costa e que derramou e manchou de combustible o noso mar.
A biblioteca do noso cole fixo un intercambio de libros coa doutro cole, non galego, e "Nunca Máis" foi un dos libros que enviou.
Así é como chegou a nós este libro, que aproveitamos para contar e así coñecer esta historia.
Encantounos e aínda que foi longo, non perdimos o interese ata o final. Froito desta lectura son estos debuxos tan bonitos que fixemos coa intención de encuadernalos para facer un pequeno libro e así non olvidar nunca este acontecemento acontecido en Galicia.

2 comentarios:

  1. Paréceme moi boa idea que ainda que xa pasou, sigamos lembrando e dando a coñecer os cativos aquela traxedia. Bo traballo Meri!
    NUNCA MAIS!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias! que haría sin ti. Mua mua mua

    ResponderEliminar