domingo, 21 de marzo de 2010

FELIZ CUMPLE, AMALIA!

O martes tamén se celebrou o cumpreanos de Amalia e sinto non haber estado. É un momento moi emocionante para todos os nen@s e dame pena perdermo.
Ana e Pepa celebrárono e fixeron as fotos, polo que puiden ver a tarta e as rosquillas que fixo Amalia coa axuda da súa familia, algunha quedou no cole así que podo dicir que estaban boísimas.
Polas súas caras queda claro que o pasaron moi ben, como sempre. Que divertidos son os cumples.
Moitas felicidades a Amalia.








1 comentario:

  1. Amalia estaba desexando celebrar o seu aniversario no colexio e por fin chegou o día.
    Gustoulle moito que @s seus/súas compañeir@s lle cantaran "Feliz cumpreanos", apagar a vela..., e, para máis, tivo a sorte de coincidir cunha contacontos; que bo agasallo! Foi estupendo!

    ResponderEliminar