sábado, 27 de marzo de 2010

DON MOUCHO V

Aquí temos á gañadora desta semana!
A pregunta de Don Moucho estaba relacionada cun dos contos que máis nos gustan "A Sereíña". E nos preguntaba : quén o escribiu e onde naceu o escritor.
A resposta era, HANS CHRISTIAN ANDERSEN e naceu en DINAMARCA.

AMALIA foi a elexida e aquí aparece posando xunto a Don Moucho co seu sorriso e o regaliño.
Cando entrei na clase e dixen o seu nome os nen@s puxéronse a aplaudir. Gustame moito a reacción que teñen co concurso, realmente son un encanto.
Felicidades, Amalia!




E para todo o que participou, Don Moucho regalou un marcapáxinas que espero que utilicedes cos vosos contos.

2 comentarios:

  1. Esta semana a nosa filla tivo a gran sorte de ser escollida por don Moucho. Estaba encantada, non era para menos! Despois de tanto desexalo ela era a gañadora. É precioso velos tan felices.
    Parabéns ao Equipo de Biblioteca por unha idea tan boa!!!
    Moitos bicos de Amalia para don Moucho.

    ResponderEliminar
  2. Que razón tienes, el concurso merece la pena aunque sólo sea por ver su impaciencia por saber quien gana y, por supuesto,la alegría del que gana.
    Muchos saludos a los 3.

    ResponderEliminar