sábado, 27 de febrero de 2010

DON MOUCHO

Esta semana empezamos unha actividade nova proposta polo equipo da biblioteca. Don Moucho, que é a mascota da biblioteca, propón unha pregunta a todos os nen@s de infantil, que xunto coas nosas familias resolveremos. Entre os acertantes sortearase un pequeno agasallo. O fin desta actividade é a de aprender cousas novas, ter interese por descubrir, e facelo coa axuda da nosa familia.
Para esta primeira vez Don Moucho preguntounos : ¿Cal é o animal máis rápido do mundo?. Os nen@s mostraron moito interese e moitas ganas de participar, así que direi que a participación foi moi grande.
Despois duns días de espera, soupemos que a resposta correcta é: O FALCÓN PEREGRINO e que a gañadora desta semana é : VERA LORENZO, da nosa clase. Non podiamos empezar mellor!.





O luns teremos pregunta nova, así que a seguir participando!!!

2 comentarios:

  1. A nosa filla tomouse o concurso con moita seriedade, non era para menos!
    Procuramos en internet e fixemos un pequeno debate no que cada un de nós escolleu un animal diferente até decidirnos polo falcón peregrino.
    Divertímonos moito vendo o interese da nosa filla.
    Parabéns á Biblioteca pola actividade de busca de información!!!

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me sorprendeu o entusiasmo con que tomaron a actividade, realmente non esperabamos tanto. De feito estamos buscando o xeito de recompensar a todo o que participe porque teñen tanta ilusión por acertar e gañar... Tamén gran parte do mérito o tedes vós, porque sin a vosa axuda non sería posible. Grazas e grazas tamén do resto do equipo de biblioteca.

    ResponderEliminar