domingo, 28 de junio de 2009

MOITAS DESPEDIDAS.

E despois da merenda, tocaba a despedida.
Despedímonos primeiro da clase, pois para o ano non voltaremos a ela, despois dos nosos compañeiros e por último da profe, pois pasaremos un tempo sen vernos.
Foi algo bonito, poidemos abrazar os nosos amigos e dicir o ben que o pasamos este ano, o moito que nos gustou a clase, ... cada un o que quixo.
E antes de que viñeran os nosos pais e nais a recollernos, repartimos as carpetas cos nosos traballos.






Fixemos un tren para percorrer xuntos a clase e despedirnos dela parándonos en cada unha das cousas que utilizamos e disfrutamos.


Uns abrazámonos, outros dímonos bicos e os menos efusivos dixémonos algunha cousiña, como ata logo ou vémonos despois das vacacións. Pero ningún quedou coas ganas.

Dispois á profe, que aínda que as fotos non sexan perfectas,foron feitas por nós.




E, por último, os nosos traballos. Contentos porque traballamos un montón e desexando chegar a casa para ensinarllos a todos.



¡FELICES VACACIÓNS A TODOS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario