skip to main |
skip to sidebar
Como daquela aínda non tiñamos o blog, non foi posible ver o que fixeramos o día Da Paz, alá polo mes de Xaneiro.
Como podedes ver, primeiro colgamos nas columnas os noso mensaxes de paz, aínda que a algúns de nós costounos un pouco chegar tan arriba.
Xa sentados vimos as actuacións dos maiores e, ó final, cantamos e fixemos a coreografía da canción que tiñamos preparada "No dudaría" de Antonio Flores. Esto foi o mais divertido, aínda que perdiamonos un pouco nos pasos.
O último día de clase, algún de nós pedíu cantar unha canción e foi algo contaxioso. Así que fixemos unha especie de mini-operación triunfo. O que quixo saiu ó medio a cantarnos algo. Pasámolo moi ben e aplaudimos con moita ansia a todos/as. Aquí algún exemplo.
Esto é o que faltaba sobre o zoo. O mais importante eran os nenos/as pero non podían faltar os animais. Naquel momento non tiña moito tempo pero agora, claro está, teño mais. Así que aí vai o que faltaba.
E aquí estamos todas para decirvos : ATA Á VOLTA e FELÍZ VERÁN.