E para por fín a este curso, rematamos falando das viaxes, as vacacións e o verán. E todo o que eso implica: calor, roupa fresquiña, praia, piscina, xeados, aire libre,... Pero tamén o remate do curso, pasaremos moitos días sen vir ó cole, que está moi ben porque non madrugaremos, pasaremos moito tempo na casa, cos nosos pais, os nosos xoguetes pero non conviviremos cos nosos compañeiros, ca nosa profe e botaremos de menos os xogos do cole, os contos, recortar e pegar e outras moitas cousas (esto gústame pensalo a mín, claro).
Divertídevos vendo estos vídeos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pois sí, achégase o verán e as enanas levan unha semana facendo contas para ver canto falta para as vacacións.
ResponderEliminarSinto dicir que, aínda que as dúas confesan que o pasan ben no cole, están desexando que remate... Supoño que é lei de vida :)
Vaia este último comentario para animarvos a seguir con este traballo do blog. É verdade que a xente non comenta demasiado, pero polo que teño falado con outros pais, xa ten bastantes visitas e á xente encántalle.
Un saúdo e boas vacacións
Xa che digo qeu ningue bota de menos o cole! Pero xa non lembras cando eras ti a alumna!!! Malia que sexas unha mestra estupenda asa vacacios son as vacacios, e sempre son moi moi curtas!!!
ResponderEliminarItalia ala vouuuuuuuuuuuuuuuu
Bea.
Entendo que desexen as vacacións, o certo é que tanto eles coma mín xa estamos cansos. E con este calor...
ResponderEliminarFoi un bo ano e pasámolo moi ben. Así que para o ano, mais.
Non sabes como agradezo os vosos ánimos e apoio, é certo que poucos fan comentarios de si lles gusta ou non, pero os poucos que os facedes son suficientes para seguir con moitas ganas co blog. Seguide aí.