viernes, 25 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL

Para por punto e final ao primeiro trimestre do curso e celebrar o Nadal con todos vos, celebrouse no ximnasio o sempre esperado festival de Nadal. Aínda que o sitio é excesivamente pequeno e apenas collemos tod@as, sempre resulta moi especial pois o que facemos sempre é con moita ilusión.
Este ano cambiamos a panxoliña por unha pequena represetación dos meses do ano, que esperamos que vos gustara proporcionalmente ás ganas que lle puxemos nos.

martes, 22 de diciembre de 2009

QUE BONITOS TRABALLOS!

Como xa o ano pasado a experiencia foi tan boa, decidimos repetir este ano. E podo dicir que foi tan boa ou mellor. Estas familias ó igual que os nen@s, como sempre, nos sorprenden con novas e orixinais ideas.
Así que mirade que bonitos traballos atopamonos as profes. Estos só son algúns, pois outros chegaron un pouco máis tarde.


















jueves, 10 de diciembre de 2009

A MOCHILA VIAXEIRA

Como o ano pasado, fai unhas semanas puxemos en marcha o proxecto da mochila viaxeira.
Esperamos a vosa colaboración pois é unha experiencia especialmente gratificante para os nosos pequech@s, tanto por levar uns contos novos para casa como por poder compartir con vós (pais e nais)eses ratiños de lectura compartida.
Non olvidedes que esperamos traballos orixinais e ideas novas. Estou segura de que nos sorprenderedes.
Os traballos feitos ata o momento gústannos un montón, seguide así.
Grazas familias

ACTUACIÓN DO NADAL


Como xa sabedes este nadal imos facer unha pequena representación xunto cos nenos e nenas da outra clase de 4 anos.

Cada un de nós temos un pequeno papel, así que non olvidedes memorizalo e repetilo na casa coa axuda de papi e mami, para que nos salga de marabilla.

Non temos moitos días, así que conto coa colaboración das familias.

Ánimo peques!.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

INDIANA BILL

Despois de tantos días sen contar cousa algunha, voltamos cunha morea de fotos.
Hoxe fixemos a nosa primeira e moi esperada excursión do curso.
Subimos no autobus rumbo á Ramallosa para ir xogar ó Indiana Bill. Un parque de bolas que nos gustou máis co do ano pasado.
Como podedes ver nas fotos estabamos ansiosos por chegar e mergullarnos nun montón de bolas de cores. E como xogamos tanto tiñamos moita fame e sede.
Disfrutade das fotos tanto coma nos.