domingo, 31 de enero de 2010

FELIZ 5º CUMPREANOS, SARA

O mesmo día que celebramos a Paz, Sara cumpriu 5 anos.
Despois de tantos días facendo a conta atrás, chegou o seu momento, por fín!.
Soplamos as velas e emocionada repartiu o biscoito de chocolate que fixo coa súa nai, as galletiñas saladas, as galletas e os zumes.
Comimos tanto que as merendas chegaron de volta para casa.
Como a profe Ana tamén pasou pola celebración, fíxonos unhas fotos a todos, incluída eu, aínda que ela non quixo saír.
Como vedes, foi un día de moitas cousas, por eso o pasamos tan ben.
Moitos bicos para Sara.











O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o día da Paz, aínda que nós celebrámolo o venres.
Dende o equipo de actividades propuxeron a todo o cole facer xuntos unha actividade que nos gustou moito. Cada clase confeccionou unha caixa coa palabra PAZ nun idioma diferente a nós tocounos o tibetano. ZHIDE é como se dí paz neste idioma "tan raro". Entre todos decoramos a caixa cuns debuxos preciosos que fixemos e que representan, para nós, a paz: todos os
nen@s da man.

E entre todos os nen@s do cole "construímos" a paz.






E o profe Guillerme ensinounos unha canción moi bonita cunha coreografía moi divertida, que todos xuntos cantamos no patio.


Para rematar levamos para casa unha pomba branca coa palabra PAZ, que nos servirá para ter presente que a Paz non debe existir só os 30 de xaneiro, senon todos os días da nosa vida.





jueves, 28 de enero de 2010

DESPEDIDA

O venres pasado tivemos que despedirnos de Antía, unha profe en prácticas que viña moito pola nosa clase e coa que estabamos encantados. Aínda que a súa especialidade é a música non só viña co profe Guillerme, cando tiña libre viña para xunto de nós.
Para que non a esquezamos regalounos un reloxo de parede moi bonito, pero eso non vai pasar. Esperamos a súa visita moi pronto.
Grazas a Antía por ser tan cariñosa con todos nós.


miércoles, 27 de enero de 2010

MÁIS REGALOS

E algúns máis animáronse a traer os seus regalos de Nadal favoritos. Aos demáis gustounos moito compartilos e ver as cariñas de ledicia dos donos.

martes, 19 de enero de 2010

O RINCÓN DO INVERNO



Estamos facendo nun recuncho da clase O RINCÓN DO INVERNO, como xa fixemos no outono. E como fora tanta a vosa colaboración, agora vola pido tamén.
Algúns
nen@s xa trouxeron alguhas cousas pero aínda precisamos máis. Calquera cousa relacionada co tema interésanos : recortes, contos, fotografías, bonecos, debuxos, información adecuada a nosa idade, animais de zonas xélidas, persoas que viven no xeo, deportes de xeo ...e calquera cousa que se vos ocurra.
Moitas grazas a
tod@s

lunes, 18 de enero de 2010

O INVERNO

Como estamos traballando, entre outras cousas, a estación do INVERNO: os cambios climáticos,os efectos sobre a paisaxe,a roupa adecuada, as dististas fontes de calor,... podemos ver este vídeo que é curto pero ten unhas paisaxes moi fermosas.
Espero que vos guste.


">

FELICIDADES, CARLA!

Qué maiores nos facemos!. Xa 5 anos. Aínda parece que foi onte cando viñemos con 3 aniños á casiña, uns chorando e outros agarrándose a mamá ou papá con toda a forza.
Pero pasa o tempo e Carla xa cumpriu 5 anos, e os demáis irán detrás un a un.
Así que por ser a primeira en cumprir, fixémoslle este video, que aínda que non saíu todo o ben que quixemos, foi con moito cariño.
Feliz cumple, Carla.

s

QUE BO COMEZO!!

E xa de volta das vacacións do Nadal!.
Aínda que se esá moi ben na casa tiñamos gañas de vernos e contarnos todo o acontecido nestes días, que non foi pouco. Moitas emocións e ilusións que queriamos compantir cos amig@s. Así que casi houbo pelexas por falar.
O Papá Noel, os Reis Magos, a familia que veu,...tantas cousas. Polo que decidimos traer ao cole algún xoguete ou cousa máis especial para ensinalo aos demáis.
Aquí tedes a algúns pero haberá máis. Animádevos!





domingo, 3 de enero de 2010

PANXOLIÑA

Feliz Ano Novo!
Como non me olvido dos "meus" nen@s, póñovos un vídeo que penso que os vai gustar.
Os cantaxogos non me gustan moito, pero sei que a vos sí. E esta panxoliña sempre me gustou moito, recórdame a cando era nena.

Bicos a tod@s.


OUTRAS FOTOS

Tantos días de nadal, que fixemos un montón de fotos. E como tedes moito tempo para velas ata que empecemos as clases outra vez, espero que vos gusten.

viernes, 1 de enero de 2010

CANTA COMIDA!!

Como remate final antes das vacacións de Nadal, tivemos unha gran merenda pois coincidiron dous cumpreanos e uns doces de Nadal que nos trouxo Amalia. Así que como quixemos probalo todo, acabamos cos bandullos cheos.
Amalia, como podedes ver na foto, fixo coa axuda dos seus pais, un biscoito con forma de boneco de neve e unhas galletas con anaquiños de chocolate que estaba boísimas.
Grazas, sabedes que os doces nos encantan.





Cristian e Evelyn, os máis novos da clase, estaban de cumpreanos.
Un trouxo patatillas e gusaniños e o outro galletas, así que tivemos un pouco de todo. E para rematar Cristian diu un paquetiño de chuches a cada un, que aínda que polo xeral as chuches non se permiten no cole, fixemos unha excepción porque estabamos de Nadal e tiñamos moito que celebrar.
Cantámoslles ós dous e dimos ración dobre de bicos. Pasámolo fenomenal.
Felicidades ós dous!






VISITA DE PAPÁ NOEL

O último día recibimos a esperada visita de Papá Noel.
Chegou por sorpresa, non o esperabamos e quedamos un pouco abraiados, apenas dixemos nada. Pero a medida que nos facía un pequeno agasaio a cada un de nós, empezamos a contarlle o ben que nos portamos na clase e na casa. A profe só puido confirmar que, polo menos no cole, así é.