viernes, 22 de abril de 2011

VISITA Á GRANXA KIRIKO



Xa vos estades preparando? Non olvidedes que o martes, xa ó chegar, saliremos de excursión á Granxa Kiriko.
Non tedes que levar merenda nin nada, máis que roupa cómoda e moitas gañas de pasalo ben. Pasaremos alí o día, regresando sobre as 17:30 aproximadamente.
Esperamos ter un día bonito no que salga o sol e non chova, pero aínda que esto non pase, non hai problema, nós sempre o pasamos ben.
Saúdos a todos e ata dentro duns días.

martes, 19 de abril de 2011

A CANUDA-SALVATERRA

Outro ano máis volvemos ao parque da Canuda.
Encántanos ir porque podemos fartarnos a xogar cos nosos amigos/as, a diferencia do cole hai columpios para todos e un espazo xigante para correr, saltar, berrar,...
Tamén houbo tempo para merendar, aínda que pouquiño, pois xa estabamos desexosos de volver a xogar.
Ademáis fixo un día precioso sen demasiado calor. Pasámolo fenomenal.



lunes, 18 de abril de 2011

DON MOUCHO

Temos pendiente as respostas a 2 preguntas que nos plantexou Don Moucho.
-¿Cal é a cidade con máis habitantes do mundo e en que país está? TOKIO en JAPÓN. (gañou un neno/a da da outra clase de 5 anos).

-¿Cantos océanos existen na Terra? 5
-¿Cal é o máis grande? O océano Pacífico.
Esta vez a gañadora foi PAULA, da nosa clase.

Moitas felicidades!

domingo, 17 de abril de 2011

ÓSCAR E ALESSANDRA

Neste mes de abril celebramos os aniversarios de Óscar e de Alessandra.
Tanto un coma a outra levaban días anunciando o acontecimiento, e nós deseosos de poder celebralos con eles. Óscar apareceu cun biscoito (aquí podedes velo) moi rico que fixo coa axuda da súa nai, galletas e zumes. Moi disposto quixo repartir él os doces e os vasos. Pasámolo moi ben e Óscar disfrutouno. Alessandra tamén chegou ao cole moi contenta e cargada cun biscoito feito pola súa tía, galletas e bolsiñas de chuches. Cantamos o cumple, tiramos das orellas, dimos moitos bicos e pasámolo de marabilla. Felíz cumple aos dous!!

domingo, 10 de abril de 2011

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO II

Aínda que non dispuxo de tempo para vir a visitarnos, xa que o seu obxetivo principal eran os maiores,pasáronnos un par de fotos para que o poidésemos ver. Contáronnos que quedou moi contento coa visita, cos traballos que fixemos,... así que prometeu que volvería. Esperamos coñecelo a próxima vez.

VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS

Esta semana fixemos unha salida á Biblioteca Municipal de Ponteareas. O que imaxinamos unha visita entretida pero quizáis pouco emocionante para nós, os nenos/as de 5 anos, resultou do máis divertido e encantounos todas as cousas que poidemos ver alí. O mellor, por suposto, a sala de lectura infantil. Moi ben ambientada, acolledora e cun montón de libros bonitos. Puri, a nosa guía, explicounos como estaban colocados os libros, por cores e estanterías, segundo a nosa idade. Deixounos un tempo para mirar todos os que quixemos e sentarnos en cada un dos rincóns da sala. Tamén poidemos visitar a sala de ordenadores e a sala de estudio, onde entramos supercaladiños pois había chicos e chicas estudiando e non queriamos molestar. Por último, o museo, onde poidemos ver un montón de cousas interesantes: pedras antiguas, moedas, coitelos, algún busto, un traxe dun ministro, un "camión" de bombeiros do máis curioso,... Antes de irnos, Puri, fíxonos a todos un pequeno regalo, e así recordarnos que á biblioteca non só se pode ir co cole, senón que tamén podemos acudir coas nosas familias sempre que queiramos e así poder ver un montón de contos e libros bonitos e relacionarnos con outros nenos/as os que tamén lles encantan os libros. O balance que fixemos da visita foi moi positivo. Agora, papis e mamis, a levarnos alí de cando en vez!

domingo, 3 de abril de 2011

DON MOUCHO


Esta semana Don Moucho fixo a seguinte pregunta:

¿En que ano o home puxo por primeira vez o pé na Lúa?

A resposta era: 1969.


Aínda que fúchedes casi todos os que sabiades a resposta correcta, só foi Valeria a gañadora entre os nenos/as de 5 anos.

Felicidades!!

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Mañá luns este poeta visita o noso cole, e aínda que ven só un ratiño, esperamos ter a oportunidade de coñecelo e saludalo.Esta semana estivemos lendo algunhas das súas poesías que fixo para nenos/as, e eleximos unha delas, a que máis nos gustou, para traballala un pouquiño.

CHEGOU A PRIMAVERA

Por fín chegou! Temos tantas gañas de sol e calor ... Así q decidimos pintar un mural para celebrar a súa chegada.

Quedounos precioso, pero aínda lle queremos por unhas letras.